O cabeza de lista do PSdeG ao Congreso lembrou a caída histórica do paro xuvenil no mes de xuño: “Demostra que as medidas de Pedro Sánchez funcionan”, dixo
Lugo, 9 de xullo de 2023. “Os socialistas cremos na igualdade de oportunidades, por iso axudamos a 3.130 familias da nosa provincia para que ningún rapaz se vexa obrigado a abandonar os seus estudos por necesidade”, manifestou o número 1 ao Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro esta mañá, nun encontro en Lugo coa mocidade organizado por Xuventudes Socialistas. Besteiro celebrou os mínimos históricos do paro xuvenil en España: “É un indicador de que as políticas públicas activadas por Pedro Sánchez funcionan”.
Besteiro, que estivo acompañado polo secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, e a vicesecretaria do PSdeG-PSOE e alcaldesa da cidade, Lara Méndez, puxo en valor que “hoxe hai moitos mozos de Lugo que collen o transporte público cun desconto do 50%, teñen un traballo con contrato fixo e cun salario como mínimo de 1.080 euros porque nós subímolo un 47%, aforran 250 euros no alugueiro da súa casa, e teñen un bono cultural para mercar libros e asistir a actos culturais”.
Coincidiron en destacar que “Pedro Sánchez é o presidente da mocidade porque por primeira vez un Goberno fai políticas de Estado para facela protagonista e autónoma”. Por iso, Besteiro animou á mocidade “a ser influencer da democracia, hoxe en grave perigo pola ultradereita. O PP e VOX son o mesmo”.
“NON QUEREMOS ALUGAR A NOSA DIGNIDADE”
Pola súa banda, Valentín González Formoso lembrou que foi Pedro Sánchez quen destinou un presuposto récord para bolsas e axudas ao estudo con 2.500 millóns de euros só para este ano. E destacou outras importantes medidas como “a reforma laboral que permitiu a estabilidade entre os mozos e mozas, acabando coa precariedade e a temporalidade”. Os socialistas concluiron que “a xuventude xógase moito o próximo 23X: avance ou retroceso. Por iso o único voto para frear á dereita é o PSOE”.
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Vigo, Xurxo Doval, incidiu, pola súa banda, no decisivo do 23X: “Os xóvenes non queremos alugar a nosa dignidade nin hipotecar a nosa vida”.
O encontro coa mocidade tivo lugar nun pícnic no paseo fluvial á altura das Caldas do Miño, unha obra, como recordou Lara Méndez, que foi posible grazas aos fondos europeos captados por Pedro Sánchez, ao igual que o centro de enogastronomía na antiga Fábrica da Luz, a pasarela sobre a Nacional VI para acceder ao campo de fútbol ou o novo acceso peonil que une a cidade e o río. Todas obras nesa mesma zona.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


