A mellor maneira de frear a un PP aliado da extrema dereita antigalega é encher as urnas de votos BNG e ter un grupo galego forte en Madrid
Santiago de Compostela, 9 de xullo 2023. A portavoz nacional, Ana Pontón, que empezou a xornada en Foz, aproveitou a visita de Feijóo, “que hoxe torea no coso taurino de Pontevedra”, ironizou, para destacar que en Galiza son ben coñecidas as consecuencias das políticas da dereita, por moito que na súa xira electoral o candidato do PP se empeñe en prometer xusto o contrario do que fixo neste País en doce anos de goberno.
“Aquí coñecemos moi ben que pasa cando goberna o PP de Feijóo: menos rural, menos sanidade pública, menos emprego, menos vivenda, menos dereitos, máis emigración, máis precariedade, máis débeda pública, máis ataques a nosa lingua e a nosa cultura”, subliñou, sintetizando o resultado das políticas dun Partido Popular “que nos deixa unha Galiza máis pequena”.
Un Feijóo, denunciou, que quere gobernar coa extrema dereita machista, racista, “e profundamente antigalega”, criticou, lembrando o que o propio candidato popular declaraba cando era presidente da Xunta. “Non teño intención de pactar con VOX, nunca o farei porque é un partido que está contra Galiza, dicía fai ben pouco, e aí o tendes aliado da extrema dereita antigalega, que quere acabar coas nosas institucións, que quere até prohibirnos falar a nosa lingua, pero non llo imos permitir”.
A mellor maneira de frear a un PP de ganchete coa extrema dereita, alegou, é encher as urnas de votos ao BNG este 23 de xullo, “porque cada deputadx máis do BNG é un deputadx menos do PP; porque cada escano máis para o BNG en Galiza é un escano menos para o PP”, proclamou, deixando claro que o Bloque vai a por todas para conseguir un grupo galego forte con deputados e deputadas polas catro provincia, un grupo que faga respectar Galiza en Madrid e lle pare os pés a esa alianza antigalega.
Pola súa parte, o cabeza de lista por Lugo, Daniel Castro, puxo o foco na “inutilidade” política dos 66 deputadxs que foron pasando polo Congreso pero que nada fixeron por mellorar a provincia, “non porque sexan menos listos ou traballadores, senón porque fan o que lles mandan desde Génova e Ferraz onde nin A Mariña nin Lugo lles importan nada”.
“Vós credes que se houbese un socavón como o da Areoura en Madrid ou se tivese caído un viaducto que é unha vía principal seguirían agardando? Claro que non! E esa discriminación das forzas estatais ten consecuencias para Lugo, porque perdemos oportunidades, porque as empresas non veñen a un territorio mal comunicado e todo iso fai que a xente moza marche”, explicou.
Votar BNG é a mellor maneira de facer valer A Mariña e de facer valer Lugo en Madrid e, ademais, de pararlle os pés a ese PP “que vai da man dos que nos odian, dos que odian este País, a nosa cultura e a nosa lingua e dos que se poden van intentar acabar con ela”. Por iso, recalcou, “este 23 de xullo temos que facer historia, con toda a forza e toda a ilusión, logrando o primeiro deputado do BNG por Lugo para formar parte dese grupo galego forte que Galiza precisa no Congreso para facerse respectar”.
Neste sentido, Castro destacou que o voto ao BNG vale dobre, “primeiro, porque defendemos o país, defendemos a Mariña e imos pelexar pola A74, pola Autoridade Portuaria, polo dique norte, polo tren do século XXI e por suposto polo mantemento dos postos de traballo de Alcoa e das auxiliares. E todo isto, podo aseguralo, só o imos facer no BNG”, argumentou no mitin en Foz.
O segundo valor do voto BNG é “pararlle os pés á alianza de ultras porque temos ao alcance da man darlle a Lugo un deputado coas mans libres para facernos valer en Madrid, até o CIS di que estamos a nada de conseguir por primeira vez na historia un deputado pola provincia de Lugo e que ademais imos sacarllo ao PP”.
“Imos sacarllo ao PP máis radical da historia, o que vai da man de VOX, o que lle está a dicir á sociedade que a violencia machista non existe, o que quita bandeiras LGBT, o que lle di á xente que non pode ser quen é e non pode amar a quen ama. E tamén o PP que vai da man dos que nos odian, dos que odian este país, a nosa cultura e a nosa lingua e dos que se poden van intentar acabar con ellas”, denunciou.
“Pero podemos impedirllo, votar BNG é votar pola Mariña e votar BNG é parar á dereita, por iso este 23 de xullo temos que facer historia, con toda a forza e toda a ilusión, dándolle a Lugo un deputado do BNG e ter ese grupo galego forte no Congreso que Galiza tanto necesita”, concluíu.
Máis BNG significa menos PP
Unha cuestión que tamén destacou Pontón: “Hai que quitarlle escanos ao PP para darllos ao BNG, empezando aquí en Lugo, con Daniel Castro, onde lle estamos disputando un deputado ao PP, pero tamén en Ourense, en Pontevedra e na Coruña. Por iso pido encher as urnas de votos ao BNG e conseguir un grupo galego forte capaz de facer valer Galiza en Madrid e de frear ese tándem PP ultra de ganchete coa extrema dereita antigalega que nos quere prohibir ser o que somos. Non llo imos permitir!”.
Pontón destacou que esté é “o momento do BNG e o momento de Galiza”, por moito que queiran reducir a campaña ao bipartidismo Sánchez-Feijóo. Está en xogo ter máis peso político ou ser ignorado; defender o noso ou seguir soportando a discriminación das forzas estatais. “A todas as persoas que queren a este País dicirlles que a súa alternativa é o BNG, a única forza coas mans libres para facer respectar Galiza en Madrid”.
Por iso, recalcou, non é momento de votar polo mal menor, nin de votar por medo, ao contrario, “pídolle a todos os galegos e ás galegas que o 23X voten con ilusión, con esperanza, que voten por un grupo galego forte, sabendo que o BNG non lles vai fallar. Votemos coa cabeza e co corazón en Galiza”,concluíu.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



