O ala-pívot zamorano provinte do KS Constract formará parte da plantilla do Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada
Burela, 12 de xullo, 2023. Terceira fichaxe do Pescados Rubén Burela FS para a próxima tempada, Iván de Uña Feliz, Malaguti, será un dos novos xogadores do conxunto formado por David Rial para defender a cor laranxa a tempada que vén. O xogador zamorano de 26 anos, proviniente do KS Constract, xogou case toda a súa carreira no equipo da súa terra, o Átletico Benavente. Comeza xogando ao fútbol e aos 18 anos interésase polo fútbol sala ingresando no equipo Xuvenil División de Honra do Benavente, tempada 2014/2015 e combinando a súa participación co equipo senior. Na tempada 2015/2016 comeza a xogar no senior de forma exclusiva e a seguinte tempada, 2016/2017 márchase ao Cidade de Narón unha tempada. Volve ao seu equipo natal na 2017/2018 onde será unha peza fundamental, conseguindo un ascenso a segunda división e disputando a final polo ascenso a primeira na tempada 21/22. En decembro de 2023 ficha polo KS Constract, equipo polaco de Primeira División, co que despois de 10 anos intentándoo conseguen gañar a Liga esta tempada 22/23.
Moi emocionado pola súa incorporación á plantilla burelá, Malaguti afirma que “o que máis me atraeu de fichar polo Burela é que é un equipo familiar, un equipo con moita historia que estivo en Primeira División moitos anos, cun equipo feminino que é o mellor de Europa e do mundo e estar nun club tan serio como Burela chama a atención a calquera xogador. Cando eres profesional queres estar nos mellores. Desde que estou centrado no fútbol sala sigo ao Burela e sempre tes a cousa de “algún día xogarei alí” e ao final foi a sorte este ano. Ten unha afección incrible, un club familiar e dixéronme que o pobo é pequeno pero moi bonito e que se está superben”. Sobre as súas espectativas “espero levarme unha experiencia incrible, como che digo creo que é un club no que todo o mundo quere xogar, esperemos que este ano cumpramos os obxectivos marcados polo club e, pola miña parte, esperemos que non sexa un ano e sexan moitos. Espero achegar todo o posible, o que eu son, a miña personalidade e carácter así como axudar ao equipo tanto en defensa como en ataque, en todos os aspectos e estar ás ordes do adestrador e facer o que me pida. Tentar poñer ao club onde se merece, é un club que debe estar en Primeira División e tentaremos loitar para iso”. Consciente da importante afección que forma parte deste club, anímaos a continuar apoiando ao equipo coma sempre, “dicirlles que nos apoien como ata agora. Vin partidos, como o final do playoff, que non foi moi xusto pero a afección foi incrible, acolledora, imos dar todo por eles e levar ao club onde se merecen. Imos dar o máximo”.
O Presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, confía nesta nova fichaxe “vai reforzar moito a plantilla, traeranos maior amplitude en ataque, esperamos que veña con tino e nos axude a incrementar a lista de goles para o equipo esta tempada. Xogou en equipos de gran nivel, vén de gañar a liga polaca en Primeira División e sabemos que se vai a adaptar enseguida”.























O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.


