Alfoz, 5 de agosto, 2023. Dende a Área Delegada de Xuventude do Concello de Alfoz, organízase unha nova edición das Noites de Campamento, dando continuidade a esta iniciativa que tan boa acollida tivo anteriormente.
Mentres os nenos e nenas de 3 a 12 anos están a gozar do Ludiverán, agora é a quenda do outro tramo da xuventude un pouco maior. A rapazada de 13 a 17 anos terá a ocasión de vivir tres días de acampada durante os que se levarán a cabo actividades de diversa índole, como xogos nocturnos, busca do tesouro, tiro con arco, piscina…
O prazo para inscribirse nesta actividade comeza o vindeiro día 7 e finalizará o día 14 de agosto, e poderase facer tanto na Sede Electrónica como na propia Casa do Concello.
Como é habitual, por motivos de organización a actividade terá prazas limitadas. Esta experiencia está dirixida á persoas nadas entre o ano 2005 e o 2010, sempre que non teñan os 18 anos xa cumpridos, e será completamente gratuíta.
Os días de acampada serán o 22, 23 e 24 de agosto, e dende o Concello anímase a participar a todos os rapaces que queiran vivir unha aventura este verán.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



