Substituirase o actual medio filtrante, baseado en area silícea, por un de arxila expandida, que permitirá un aproveitamento de recursos superior
Foz, 5 de setembro, 2023, Gestagua e o Concello de Foz acordaron a adquisición dun novo medio filtrante co fin de mellorar a resposta da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do municipio ante os efectos máis inmediatos do Cambio Climático, que inclúen tanto episodios de seca como de precipitacións intensas, circunstancias que implican unha maior afluencia de materia orgánica á planta e que, previsiblemente, continuarán nun futuro inmediato.
Trátase dun medio a base de arxila expandida que, ademais dunha maior durabilidade, achega numerosas vantaxes respecto ao actual, baseado en area silícea, facilitando a mellora na calidade da auga, así como un notable aforro enerxético e de auga consumida no proceso de potabilización.
A decisión de investir en substituír o medio filtrante xorde da detección de valores de trihalometanos (THMs) por encima do valor paramétrico (100 µg/l) ocorrida no presente verán. Desde Gestagua púxose en marcha, como medida de urxencia, o cambio do reactivo empregado na preoxidación para minimizar a presenza de cloro na potabilización da auga. O outro compoñente indispensable para a proliferación de THMs é a materia orgánica que, en combinación co cloro, xera os compostos organoclorados precursores dos THMs.
Mentres se dosificaba o novo oxidante, os técnicos a pé de campo e da central de Gestagua puxeron en marcha un estudo para determinar tanto a orixe da materia orgánica presente na auga como as medidas que debían implantarse para capacitar a actual ETAP para responder con fiabilidade #ante estes episodios.
Desde Gestagua, o xefe de servizo en Foz, Ramón Hermando Fernández, detalla as vantaxes do novo medio filtrante que se aplicará na ETAP da localidade:
. Maior eficiencia de filtración. Mellora na calidade da auga tratada debida a unha eliminación de sólidos en suspensión responsables da turbidez, metais en disolución e materia orgánica particulada superior á actual.
. Maior velocidade de filtrado, aumentando a capacidade volumétrica de tratamento do sistema actual.
. Ciclos de filtrado máis longos, o que supón un aforro de enerxía e de auga no lavado de filtros.
. Menor caudal de aire e de auga de lavado. A menor densidade do medio filtrante require dun menor caudal de aire e de auga para a limpeza de filtros, engadindo así un aforro adicional de auga e enerxía.
A substitución do medio filtrante implicará tamén unha adecuación dos equipos electromecánicos responsables da limpeza, así como modificacións na entrada de auga aos filtros. Planéase realizar un investimento de preto de 48.000 € para a adquisición do medio filtrante, ademais de contemplarse unha partida alzada ao redor de 5.000 € para a adecuación de equipos electromecánicos e medios auxiliares para as operacións de substitución.
Gestagua, Xestión e Técnicas da auga, S.A., opera o ciclo integral da auga en toda España desde 1986. Na actualidade, o grupo conta con máis de 190.000 km de redes e 1850 Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAP), grazas aos cales xestiona 690 millóns de m3 de auga tratada ao ano.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



