A porta de Carlos V iluminarase de cor verde na noite de mañá xoves 21 ao venres 22 de setembro
Viveiro, 20 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro súmase aos actos con motivo do Día do Alzheimer, que se conmemora mañá, xoves 21 de setembro. Para reivindicar esta data, a porta de Carlos V iluminarase de cor verde a noite do día 21 ao 22.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca con motivo desta efeméride “o gran labor que realiza a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro, AFA Viveiro, de prevención, detección precoz e atención ao longo de todo ano”.
“Dende o Concello mantemos dende hai anos unha colaboración constante con esta asociación, polo que coñecemos de primeira man a súa importancia para ás persoas afectadas por esta enfermidade”, engade a rexedora.
O Concello colabora coa asociación de diversos xeitos, a través de subvencións, colaborando coas actividades dos usuarios e usuarias, ou cedéndolles instalacións municipais como as dependencias no claustro do convento de San Francisco.
A alcaldesa destaca que “iniciativas de sensibilización como esta son fundamentais para dar visibilidade e involucrar á cidadanía na demanda de máis recursos para a investigación nesta enfermidade”. “Amosamos, un ano máis, todo o noso apoio a quen sofre o Alzheimer e ás súas familias”, conclúe Loureiro.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



