Celebrarase en Barreiros o vindeiro domingo 15 de outubro. O prazo de inscrición pecharase o xoves 12 de outubro
Barreiros, 7 de outubro de 2023. A séptima edición do Trail Monte Comado foi presentada polos membros da Asociación Praias de Comado xunto con Daniel García, concelleiro de dinamización en Barreiros e deputado provincial, como representantes das entidades organizadoras da mesma. Tamén estivo presente o xefe territorial de deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero.
Esta carreira é a quinta proba da presente edición do +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal.
A cita co trail Monte Comado será o vindeiro 15 de outubro, con dúas probas de 12 e 26 quilómetros.
A saída e chegada das carreiras será na praza do Souto en San Miguel de Reinante. A proba de 26 km sairá ás 9:30h e ten 1600 metros de desnivel positivo polos montes Penabor e Comado, pasando por sitios tan emblemáticos como o Santo Estevo do Ermo e a súa fervenza.
A carreira de 12 km sairá unha hora máis tarde, e neste caso subirá ao monte Comado salvando un desnivel positivo de 700 metros.
O prazo de inscrición finaliza o vindeiro xoves 12, podendo realizarse -ou recibir máis información- na páxina web do circuíto https://maiskmsbarreiros.gal/ e na da propia da carreira, https://mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com/
Ao finalizar as carreiras terá lugar a entrega de trofeos e ofrecerase un pincheo para todas as persoas participantes.
Un dos grandes alicientes desta cita deportiva son as espectaculares vistas das que se pode desfrutar durante gran parte do percorrido: a Barranca, Santo Estevo, Penabor e especialmente Monte Comado que da nome á proba.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 
