O manancial de Fontoira, que xestiona Coca-Cola Europacific Partners, é unha das 6 plantas da compañía na Península Ibérica que acadaron a neutralidade en emisións de carbono
Lugo, 26 de outubro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, realizou este xoves unha visita institucional á planta de embotellado de Augas de Fontoira, no concello de Cospeito, acompañado polo xerente da empresa, Oliva Regueira, a xefa de comunicación para a rexión Noroeste de Coca Cola Europacific Parters Iberia, María Sande, e polo Primeiro Tenente de Alcalde da localidade chairega, Iván Méndez Flores. O mandatario provincial coñeceu de primeira man o proceso produtivo da compañía, que recentemente acadou a neutralidade de carbono.
José Tomé, acompañado tamén pola Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, percorreu as instalacións da fábrica, na que traballan actualmente 20 persoas, e que no ano 2022 acadou un volume de produción de 46,5 millóns de litros de auga envasados en máis de 58 millóns de botellas.
Así mesmo, coñeceron entre outras dependencias as tres liñas de produción e envasado da planta, que conta cunha superficie total de 38.000 metros cadrados. Tamén visitaron a contorna natural do manancial de Fontoira, onde comprobaron a calidade das súas augas non tratadas e con propiedades bicarbonatada cálcica de mineralización débil, moi apropiadas como bebida diurética.
O Presidente da Deputación destacou “a alta calidade das instalacións de Fontoira”, que son un referente nacional apostando por un sistema produtivo sostible e aplicando equipos tecnolóxicos de última xeración. “As cifras de produción demostran a capacidade de dinamismo económico que ten a empresa para a comarca da Chaira e para o conxunto da provincia. Por elo, recalcou José Tomé, “é un tipo de industria moi beneficioso para o noso territorio, xa que xera emprego no interior da provincia contribuíndo a fixar poboación no rural”.
Segundo explicou a xerente da empresa durante a visita, o manancial de Fontoria, que xestiona Coca-Cola Europacific Partners, é unha das seis plantas da compañía na Península Ibérica que acadaron a neutralidade en emisións de carbono, é dicir, un centro de produción con emisións de CO2 reducidas ao máximo.
Entre as accións postas en marcha pola empresa destaca a implantación de tecnoloxías de iluminación eficientes, optimización do proceso de soprado das botellas PET -Polietileno Tereftalato-, e o uso da enerxía eléctrica con certificado de Orixe renovable desde 2019. Tamén se aplicaron medidas como o uso de vehículos compartidos para reducir as emisións nos desprazamentos dos empregados. O obxectivo da empresa é seguir nesta liña de investimentos “para reducir a pegada de carbono nos próximos anos, ata lograr cero emisións no 2040”, explicou Oliva Regueira.
Pola súa parte, María Sande Rodríguez, xefa de comunicación para a rexión Noroeste de Coca Cola Europacific Parters Iberia, falou sobre o desempeño e os principais resultados da estratexia de sostibilidade da compañía, facendo unha especial atención aos relativos a Galicia. Sande explicou o esforzo e os investimentos realizados para levar a cabo una xestión eficaz e responsable do recurso, así como o emprego de enerxía renovable no seu funcionamento, destacando que Fontoira é un dos mananciais da compañía referentes polo seu alto nivel de eficiencia.
Auga Mineral Natural desde 1992
O manancial de Fontoira foi recoñecido como Auga Mineral Natural desde 1992, e un ano despois a familia Carracedo, de Cospeito, impulsou a creación desta empresa. No ano 2004 comezou a embotellar para Coca- Cola, que é a actual propietaria.
A planta de Fontoira conta con todos os certificados ISO de calidade, medio ambiente, seguridade alimentaria e seguridade laboral. A fábrica embotella e distribúe bebidas ao por maior baixo a marca Aquabona, que ademais de Fontoira emprega auga doutros tres mananciais, como son o de Santolín, en Burgos; Fuenmayor, en Teruel; e Peña Umbría, en Valencia.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



