Comezo o xornal polas novas locais. Son aquelas nas que confío máis, entre outras cousas porque ó coñecer mellor o terreo, podo discernir tamén mellor a súa adecuación á realidade. Coido que é comprensible.
En cambio, hai outras novas que as tomo como unha especie de adiviñanza do que está a pasar, noticias de oportunidade interesada, nesgada ou de ocultación doutros feitos, ou sinxelamente, como motivo de sorriso. Mesmo, ás veces, de gargallada. Calquera das opcións mencionadas é mellor que montar en cólera pola desinformación procurada de múltiples xeitos, abranguendo dende elaboradas mentiras a suaves nesgos, por suposto, pasando por informacións sen comprobar, ás que, polo mero feito de ser publicadas, se lles dá carta de veracidade.
Esta mesma mañá que escribo, unha ollada a un xornal (da mesma cabeceira que outro que hai un par de días xa me tiña chamado poderosamente a atención), fixo que me dispuxera a gastar algo de tempo en comentar. Iso, aínda que non aportaran nada novo en relación ó que titulares semellantes me fixeron pensar outras veces. Só para desafogar. Aquí quedan.
“Os relevos nas principais casas reais europeas realízanse sen grandes polémicas”. A máis de ser notición de portada nun diario aparentemente xeralista, non semanario do corazón nin cousa polo estilo, a lección está clara: non imos ser nós menos, non? Lección aprendida?
O anterior titular está conectado con outro de poucos días atrás: “Análise de xestos da Princesa e a Casa Real”. Ou con esta outra do mesmo xornal e día: “A princesa xura a Constitución e cumpre 18 anos”. Descarto o comentar a primeira destas dúas, sobre os supostos xestos familiares unha cerimonia pública, que como moito darían para cotilleos dunha revista do corazón antes de pasar a elucubrar sobre quen pode ser ‘M. Rajoy’. Penso na segunda: tecnicamente, a princesa primeiro ten que cumprir os 18 anos, e logo, xurar. É dicir, a Constitución non a fai maior de idade por xurala. Pero que un titular calquera ou a súa falta de exactitude non nos estrague unha boa noticia, o primeiro é o primeiro.
Antes de saír de España, outro titular que pode resultar algo máis controvertido: “A metade do Poder Xudicial considera que a amnistía é a abolición do estado de dereito”. Creo lembrar, a conta disto, que segundo esa opinión, algún día deste século debeuse abolir dito estado máis de mil veces. Pero, volvendo ó titular, significaría que a metade dos xuíces de España consideran iso. Menos mal que en subtítulo aclara: “Oito vocais conservadores do Consello Xeral do Poder Xudicial (…)”, que son algo menos que a metade dos xuíces españois. En realidade, tamén algo menos da metade dos 17 membros do consello. Asemade, ‘non sae’ na noticia que son un grupo de xuíces conservadores, axudados no seu nomeamento polas mesmas forzas políticas que están a loitar por terra, mar e aire contra esa mesma amnistía (non contra outras) ou mesmo contra conversas políticas con ‘esa xente’ a amnistiar. Tampouco se aclara como é que se manifesta unha oposición (política dun poder que non é lexislativo, teoricamente independentes ambos entre si) antes de coñecer a lei. [Nota posterior: Un par de días despois, sen publicar este texto, coa declaración aprobada polo CXPX e algún apuntamento máis, a realidade posterior evidentemente foi cambiando, pero non a manifestada daquela.]
Como se di, nunha versión diferente de algo que citei antes, non deixes que a realidade te fastidie un bo titular…
Sen saír da sección ‘España’ do mesmo exemplar do xornal, teriamos máis casos a citar. E na sección internacional, poderiamos atopar máis atención e credibilidade a un gran que poda ter Netanyahu que a morte dunha decena de palestinos, irrelevante ante os centenares de mortos diarios en Gaza. Pero coa desculpa de que isto se alonga moito, queda polo momento.
Por certo, non estou moi seguro de que a raíz desta nota que estás a ler (permite que te fale de ti, ó fin levamos xa un rato xuntos) algunha intelixencia artificial colla as afirmacións dos titulares que usei e vexa nestas liñas, pola súa cita, outra confirmación máis do que din… c’est la vie!





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



