Ao remate, como sempre, haberá racións de callos de balde para todas as persoas asistentes
Cervo, 27 de decembro de 2023. O Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula anunciaron o cartel da quinta edición do Callo Fest, que terá lugar na Praza dos Campos de San Cibrao o venres, 29 de decembro, e que contará con Abaixo Cu Sistema e Deleiba como principais atrativos musicais.
O festival naceu no ano 2017 co fin de unir música e gastronomía á hora de celebrar unha festa de pre-fin de ano para todos os membros da familia. Coa súa quinta edición convértese xa nun dos atractivos da comarca no Nadal.
Este ano contará baixo a carpa do epicentro sancibrense con catro actuacións de rock, metal e punk rock, que rematarán a noite cun dj que pinchará diferentes estilos musicais. Todo iso, como sempre, redondeado cunha ración de callos ao remate de todos os concertos.
O principal reclamo musical da cita será a banda portuguesa Abaixo Cu Sistema, tributo a System of a Down, que conta cunha longa traxectoria musical, incluídas varias actuacións no Resurrection Fest.
O grupo Deleiba chega desde Muros, avalado polo seu crecemento nos últimos anos, tocando en festivais de renome como o Caudal Fest, o Tsunami Xixón ou o Resurrection Fest.
Pola súa banda, Madame Rachel está formada por cinco lucenses que decidiron unirse para crear unha banda de hardcore melódico con tintes das bardas do norte de Europa, que se suben ao escenario para desfrutar e facer gozar ao público.
O último dos grupos, Calle del Ruído, chega desde Meis, Pontevedra, cun estilo rock agresivo que seguro que porá os pelos de punta a todas as persoas que se acheguen á Praza dos Campos.
O dj local Conxuro porá o broche final á noite, con música de todos os estilos, para facer desta noite de pre-fin de ano un evento inesquecible.
Unhas badaladas de fin de ano especiais
Ao chegar ás 0:00 horas, entre tanta música farase un breve silencio para dar comezo ás tradicionais badaladas de fin de ano, para as que a organización repartirá cotillón e “uvas da sorte” e así dar, dese xeito, a entrada ao 2024 nunha noite cargada de moitas emocións e rock & roll.
Desde a organización do festival recomendan estar atentos ás súas redes sociais nas vindeiras semanas para estar atentos e atentas a todas as novidades para esta quinta edición.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



