Ribadeo, 27 de decembro de 2023. Acisa Ribadeo fai un balance moi positivo do 2023. Neste ano que remata o colectivo empresarial ribadense organizou máis de 40 actividades, colaborou en máis de 10 eventos doutras entidades e superou os 170 asociados e asociadas. O obxectivo para o 2024 “é seguir medrando en número de socios”, segundo subliñou a presidenta, Carmen Cruzado.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez explicou que, “hoxe facemos balance do 2023 no que organizamos mais de 40 actividades de dinamización comercial e hostaleira e foi o ano no que mais materiais gratuítos repartimos, preto de 80.000. Ambas cifras son de récord para Acisa. Colaboramos con mais de 10 entidades ou eventos deportivos como o Torneo de Veteranos, coa SD Ribadeo, coa Media Maratón e coorganizamos, xunto ao Concello, o Entroido, o Ribadeo Indiano, ou o Nadal…, actividades que atraen a miles de potenciais clientes ao longo do ano”.
Pérez Prada contou que “pechamos o 2023 con máis de 170 socios e socias, recuperando cifras previas á pandemia, e cun récord de altas no ano de case 30 novos negocios adheridos”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o obxectivo para o 2024 é seguir medrando. Queremos que máis empresas se sumen a Acisa Ribadeo. A organización de actividades, a entrega de materiais gratuítos, o asesoramento e a colaboración avalan o traballo que estamos a realizar. E nesa liña imos seguir. Non nos fartamos de dicilo cantos máis sexamos en Acisa moito mellor para todo o empresariado ribadense, porque poderemos facer máis forza diante das administracións para conseguir subvencións destinadas á dinamización do comercio, da hostalería e dos servizos en Ribadeo. E todo iso redundará na economía local”.
Cruzado Iglesias declarou que “estamos moi satisfeitos co traballo realizado este ano, puidemos introducir novidades importantes como o rasca e gaña, as xornadas de exaltación da merluza de Burela, o curso de inglés para asociados, e con melloras noutras citas como San Valentin, as xornadas Asturias en Ribadeo… Tamén seguimos a colaborar co Concello de Ribadeo nas Panchas, no Ribadeo Indiano; coa a Xunta no Bono Activa, coa Federación de Comercio, nas súas campañas como os días azuis, … e no tocante aos materiais puidemos repetir cos vasos de plástico, vasos térmicos, envases e bolsas de comida para levar, bolsas de botellas de viño, bolsas para o comercio e este ano incluimos tamén como novidade os mapas turísticos para hoteis”.
A presidenta de Acisa indicou que “Ribadeo segue sendo referente comarcal tanto en Galicia coma en Asturias no comercio, na hostalaría e no turismo e tamén a nivel nacional. Somos o mellor lugar para comprar, para saborear a mellor gastronomía e tendo as mellores vistas. Poucos lugares poden ofrecer tanto coma Ribadeo. Dende Acisa seguiremos a traballar nos nosos obxectivos, que son facer medrar a Ribadeo e aos seus negocios, axudando a manter eses mais de 600 postos de traballo que xeran os nosos asociados e asociadas e esperando facer medrar a nosa entidade e podendo organizar moitas mais actividades”.
O xerente de Acisa dixo que “se falamos de cifras este ano 2023 manexamos un presuposto que no peche de contas roldará os 130.000 euros, que estimamos que puideron xerar varios millóns de euros en movemento económico ao longo de todo o ano. Preto de 48.000 euros foron para campañas propias de Acisa, unha cifra que ano a ano conseguimos ampliar, preto de 22.000 destináronse a materiais gratuítos para socios, repartíronse preto de 5.000 euros en vales de compra, e destinamos preto de 5.000 euros a colaboracións con outras entidades. Agradecemos tamén a axuda das empresas privadas que neste 2023 estiveron confiando e apoiando a Acisa cunha cifra histórica que chegou aos 6.500 euros. Iso quere dicir que somos un referente para eles e que o noso traballo, a nosa asociación e as actividades que organizamos son un bo escaparate para estas firmas”.
E engadiu: “xeramos unhas 1.000 publicacións en prensa, o noso perfil de Facebook segue medrando con mais de 6.000 seguidores e varios centos de miles de visualizacións ao ano e a nosa web conta con mais de 50.000 visitas anuais, servindo estas plataformas como medios de publicidade e promoción dos nosos asociados e asociadas”.
Dende Acisa, presidenta e xerente, agradecen a os seus socios e socias a súa confianza, no traballo que realizan. E remataron: “queremos tamén dar grazas ás administracións local, provincial e autonómica por seguir colaborando con nos ao longo do ano e atendendo as nosas necesidades e peticións, así como ás empresas que patrocinaron durante o 2023 e van patrocinar as nosas actividades o vindeiro ano. Aproveitamos a ocasión para desexarlle á veciñanza de Ribadeo e aos visitantes un feliz e prospero ano 2024 e animámolos a seguir apostando por esta vila, polo seu comercio, pola súa hostalería, polos seus servizos e por Ribadeo como destino turístico”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



