A institución provincial contribúe co seu apoio económico ao mantemento da sede da asociación e a potenciala como un lugar de encontro e actividade das 66 familias que residen ou teñen vivenda nesta parroquia vicedense
Lugo, 2 de decembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos con Andrés José Couce Baño, presidente da asociación veciñal O San Miguel, das Negradas, no Vicedo, un convenio de colaboración co que a institución provincial aporta preto de 5.000€ para arranxar o tellado e renovar o mobiliario do local social do colectivo na parroquia.
A cuberta do i.nmoble ten desperfectos e fisuras, polo que pasa a auga, o que imposibilita que cando chove se poidan realizar actividades no interior. Os fondos que aporta a Deputación servirán tamén para adquirir unha impresora e unha neveira, equipamento necesario para a actividade do colectivo veciñal.
Desta forma, a institución provincial contribúe co seu apoio económico ao mantemento da sede da asociación e a potenciala como un lugar de encontro e actividade das 66 familias que residen ou teñen vivenda nesta parroquia vicedense. O local atópase situado no lugar de Mosteiro, nas Negradas, e foi construído polo colectivo no ano 1990.
Esta asociación cumpre un labor social de moita importancia na parroquia, brindando a posibilidade de relacionarse aos veciños e veciñas de diferentes núcleos, ademais de ser un centro de reunión e confraternidade.
Esta colaboración co colectivo veciñal O San Miguel responde ao compromiso que mantén a Deputación de Lugo de apoiar ao tecido social da provincia para mellorar e ampliar servizos, co obxectivo de favorecer así a calidade de vida da veciñanza e contribuír a fixar poboación no rural.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



