A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou nunha xornada na que dúas mulleres expuxeron os seus proxectos consolidados no rural, no marco dos máis de 40 atendidos no Polo de Mondoñedo
Xove, 15 de decembro de 2023. A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe en Xove no evento Venres dos polos: emprendemento feminino, no que dúas mulleres presentaron os seus proxectos consolidados no rural, no marco dos máis de 40 atendidos polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo. Alí, a directora xeral destacou que as mulleres supoñen máis da metade das persoas asesoradas por este centro, con proxectos entre os que destaca -por esta orde- a hostalaría, o comercio e a agricultura, gandaría, silvicultura e pesca.
Precisamente á hostalaría se dedica unha das relatoras, cuxo establecemento consta de distintos cuartos que reciben o nome de mulleres destacadas de Galicia. A outra, mentres, dedícase ao sector das conservas artesás. A través dos seus casos particulares, na xornada tratouse como aplicar os valores persoais a cada proxecto de emprendemento, como organizar o tempo de traballo a prol da conciliación e tamén as oportunidades e dificultades do emprendemento para as mulleres, apuntando á detección de novos nichos ou ás liñas de crecemento.
A Rede de polos de emprendemento e de apoio ao emprego conta con 12 centros distribuídos por toda a xeografía galega dos que catro están emprazados na provincia de Lugo: ademais do de Mondoñedo, os de Friol, A Fonsagrada e Monforte de Lemos e -proximamente- tamén se porá en marcha outro en Sarria.
Os catro centros operativas na provincia asesoraron xa máis de duascentas persoas emprendedoras (59% delas mulleres) coas que se realizaron máis de medio milleiro de sesións de traballo conxunto e de acompañamento, unhas 80 delas en Mondoñedo.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



