“É irresponsable, pero sobre todo é inhumano” que o Goberno do PP abandone á xente que vive do mar e se ve afectada pola baixa produtividade das rías
Santiago de Compostela, 15 decembro, 2023. O PP votou hoxe en contra do establecemento de axudas urxentes para que o sector do marisqueiro afronte un ano “extremadamente duro” marcado pola baixa produtividade das rías e a alta mortaldade de bivalvos, o que está a provocar “perdas económicas millonarias” que afectan a miles de persoas “con nomes e apelidos”, segundo advertiu Rosana Pérez.
A deputada nacionalista defendeu na Comisión 8ª unha proposición non de lei coas propostas do BNG para atender de inmediato unha situación que, dixo, é “extraordinaria”, polo que o Goberno galego debería “poñerse mans á abra e articular solucións e medidas extraordinarias”.
Entre as propostas do BNG a máis urxente é a de mobilizar as partidas necesarias para atender economicamente ás mariscadoras e mariscadores afectados por non poder seguir traballando e, sobre todo, “garantir que ninguén quede atrás ou polo camiño e siga medrando a lista da perda de Permex destes últimos anos”, expuxo.
Rosana Pérez defendeu así mesmo a creación dun seguro público que asegure a produción mínima e evite “situacións de desamparo”. “Pódese facer e débese facer, só hai que ter vontade política e destinar os recursos económicos e o financiamento necesario”, observou no transcurso do debate parlamentario.
Con carácter inmediato, o Bloque propuxo tamén na comisión axudas “para que ningunha confraría teña que pechar as portas” pois, a consecuencia da situación que se está a vivir nas rías, algunhas teñen xa ao seu persoal en erte e “outras moitas sobreviven coa corda ao pescozo”.
Rosana Pérez lamentou a negativa dos populares a axudar a xente do marisqueo “parada dende hai semanas, cuns días de traballo e ingresos reducidos este ano e, agora mesmo, sen nada ao que agarrarse”. Advertiu, neste sentido, que os requisitos das distintas axudas ás que se veñen acollendo en situacións como esta “son cada día máis imposíbeis de cumprir” porque esixen un número de días cotizados que “non todo o mundo ten” (120 días nos últimos dous anos no caso das prestacións do Instituto Social da Marina ou 120 días de actividade e venta en lonxa no caso do FEMPA, que até o de agora non inclúe ao marisqueo a pé).
A deputada nacionalista cualificou de “irresponsable, pero sobre todo inhumano” desentenderse da delicada situación que atravesan os traballadores e traballadoras afectadas, que quedan “nunha situación de incerteza que pode durar meses” mentres o o PP na Xunta “coma sempre” se limite a “pasarlle a pelota ao tellado de quen sexa”.
Política ineficaz, estéril e improdutiva
Criticou, neste sentido, que o Goberno galego “que ten as competencias exclusivas en marisqueo” non estea disposto a mobilizar “nin un só euro” para facerlle fronte “a esta desfeita” e garantir que as persoas afectadas podan seguir mantendo unha renda mínima. Unha desfeita que a deputada nacionalista explicou polas abundantes choivas dos últimos meses, a baixa salinidade, os episodios de toxinas… pero tamén polas consecuencias biolóxicas e económicas que se veñen amosando a longo de moitos anos “froito dunha política que está máis que demostrado que é ineficaz, estéril e improdutiva”.
Consecuencia desta política é un sector do mar cada vez máis diminuído, como demostra a baixada dun 16 % entre 2010 e 2022 do número de buques pesqueiros, a caída dun 20% dende o 2009 da cifra de afiliados e afiliadas de pesca e acuicultura á Seguridade Social ou o descenso de permisos de marisqueo nun 22%, segundo asegurou Pérez Fernández, que aludiu ademais ao incremento de vertidos contaminantes, de 249 rexistrados nas rías galegas no 2020 a máis de 270 no 2022.
O PP presentou unha emenda de substitución na que propuña solicitar do Estado a declaración de zona catastrófica. O BNG propuxo facela de engádeda e non aceptou excluír da proposta o establecemento de axudas inmediatas porque “significaría seguir agardando meses e os afectados e afectadas necesitan medidas xa”, concluíu Rosana Pérez logo de recomendar á deputada popular Teresa Egerique que “poña un pé en calquera praia deste país” e fale co sector, que xa non ten a “paciencia” que lle pediu o PP no debate.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



