Nota de prensa:
600 persoas asistirán á presentación da publicación Km0. Rutas pola Provincia de Lugo
– Gómez Besteiro dará a coñecer este xoves a primeira publicación que vende a riqueza medioambiental da provincia na súa totalidade a través de ducias de rutas
– O programa Km0. Deputación de Lugo contribúe a manter 3.000 postos de traballo directos e indirectos
– Autoridades locais e provinciais, sindicatos, USC, museos, axencias de viaxes, hostaleiros, proveedores e participantes de Km0 xa confirmaron a súa asistencia
– Debido ás demandas dos asistentes, a Deputación habilitará un servizo de autobús gratuíto que partirá de San Marcos ós Robles, ás 19:00 horas.
600 persoas participarán no acto de presentación de Km0. Rutas pola Provincia de Lugo, o primeiro libro que vende a riqueza medioambiental da provincia lucense no seu conxunto e que presentará a Deputación baixo a premisa de que o medio ambiente é a oportunidade económica da provincia. José Ramón Gómez Besteiro dará a coñecer o vindeiro xoves, 30 de setembro, ás 20:00 horas, na área recreativa “Los Robles”, esta publicación -a primeira das súas características- na que se recollen as 127 rutas que conforman o programa medioambiental impulsado polo actual Presidente: Km0.Deputación de Lugo.
Autoridades locais e provinciais, sindicatos, Universidade, Centros de Ensinanza, Museos, axencias de viaxes, empresarios, hostaleiros, proveedores e participantes de Km0 xa confirmaron a súa asistencia. Debido ás demandas dos asistentes, a Deputación habilitará un servizo de autobús gratuíto que partirá do Pazo de San Marcos ás 19:00 horas para todos os cidadáns que estén interesados en acudir.
Km0. Rutas pola Provincia de Lugo é unha nova iniciativa coa que o organismo provincial segue a promocionar o potencial medioambiental da provincia co obxectivo de traducilo en riqueza. Con Km0. Deputación de Lugo, a institución luguesa logrou xa que milleiros de persoas redescubrisen a provincia, ó tempo que conseguiu manter 3.000 postos de emprego grazas á colaboración que mantén con hostaleiros, artesáns, traballadores de empresas de lecer ou aventura, autónomos, transportistas… todos eles proveedores do programa medioambiental.
Rutas desta semana
Gómez Besteiro recibiu este martes no Pazo provincial a dous novos colectivos que se suman ó clube de amigos de Km0. Trátanse da asociación de veciños “Ribas Pequenas de Bóveda” e a de “Souto do Val de Quiroga” que viaxarán a Burela e Ribadeo respectivamente.
O mércores, serán os colectivos de “Xubilados da Pastoriza” e os de “San Remigio de Bazar de Lugo” quenes coñezcan Portomarín e Ribadeo novamente. Mentras, o xoves, farán as rutas “Arte Sacra” e “Negueira de Muñiz” as “Amas de Casa do Urogallo de Becerreá” e os veciños de “O Castro de Bexán de Cospeito”.
En total, esta semana 323 cidadáns colaborarán coa Deputación na promoción de Lugo, sumándose ós 19.000 que xa o fixeron dende a posta en marcha do programa medioambiental en setembro de 2008.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



