O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que as instalacións serán máis confortables, modernas e sostibles, conseguindo un notable aforro enerxético
Riotorto, 22 de decembro de 2023. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades licita hoxe as obras de rehabilitación integral do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Riotorto, ás que destina un orzamento de 530.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o centro para explicar o alcance das actuacións, moitas delas enfocadas a reducir o consumo enerxético e, con elo, as emisións contaminantes. “As instalacións serán máis confortables, modernas e sostibles”, apuntou.
As empresas interesadas en optar á licitación poderán presentar as súas ofertas ata o día 12 de xaneiro. O prazo máximo de execución dos traballos será de cinco meses.
As intervencións para incrementar a eficiencia enerxética comprenden o illamento da fachada con sistema tipo SATE, a substitución da caldeira de gasóleo por unha de biomasa, e a renovación das carpintarías da planta baixa -incluíndo persianas e caixas de persianas- para reducir a permeabilidade do aire.
Así mesmo, no interior vanse instalar luminarias LED con regulación lumínica en aulas e detectores de presenza en zonas comúns e aseos, e colocaranse falsos teitos con illamento acústico en distintas dependencias, entre outras medidas.
Tamén se acometerán outras tarefas, como a substitución do lucernario de policarbonato ondulado que se atopa entre o colexio e o polideportivo por un de policarbonato compacto, a reparación de zonas puntuais da cuberta e do revestimento das paredes, ou o cambio dos canlóns e baixantes de augas pluviais, que se unirán ao saneamento existente.
Sobre o beirado que rodea as dúas plantas de todo o colexio existe un paramento vertical ao que se lle dará un tratamento similar ao do resto da fachada pero sen incluír o illamento.
O proxecto tamén prevé o pintado interior do centro e a eliminación dunha porta na sala de máquinas.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



