A Administración autonómica participará a petición dos traballadores nun comité técnico no que se abordará a situación dos parques eólicos vinculados á subministración enerxética a esta industria
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantiveron hoxe un encontro co comité de empresa de Alcoa, ao que trasladaron o máximo compromiso do Goberno galego coa actividade industrial e o emprego na factoría da Mariña.
Un dos temas abordados na reunión, celebrada a petición dos representantes dos traballadores, foi a recente caducidade por parte do Goberno central dos permisos de acceso e conexión de cinco parques eólicos vinculados á subministración enerxética a Alcoa. Ademais de lembrar que desde a Administración autonómica se enviaron todos os informes en prazo, sinalouse que na normativa que hoxe se publica no Boletín Oficial do Estado (BOE) non se recolle ningunha solución específica para estes parques, sen prevalecer os que teñen acordos coas industrias, neste caso con Alcoa.
Tal e como informou en declaracións aos medios a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, o comité de empresa solicitou a creación dun comité técnico para poder tratar polo miúdo as dificultades que se están dando en relación con estes expedientes. Deste comité formarían parte tanto o Goberno central, a través do Ministerio de Industria e Turismo e do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, como a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Á espera de que os traballadores comuniquen esta petición ao Goberno central, o propio presidente Alfonso Rueda trasladoulles a disposición da Xunta a participar neste comité.
Segundo sinalou Lorenzana, na xuntanza celebrada hoxe tamén se avaliou a situación da balsa de lodos vermellos, e neste sentido desde o Goberno galego garantiuse que terá unha tramitación ambiental idónea e coa máxima prioridade e axilidade.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación apuntou así mesmo que, en relación coa suspensión temporal da actividade comunicada pola empresa, a Xunta continuará requirindo a Alcoa para que concrete que cuestións solicita a cada Administración para apoiar a fábrica. Unha cuestión na que se seguirá insistindo na reunión da mesa de seguimento que a secretaria de Estado de Industria convocou para o mes de xaneiro.
De xeito paralelo, Lorenzana subliñou que a asesoría xurídica da Xunta vai continuar prestando apoio, como xa se fixo co ERE, para analizar un eventual incumprimento do acordo asinado da empresa co comité. Desde a Administración autonómica vaise seguir solicitando así mesmo a Alcoa que concrete os termos desa paralización e cando se vai continuar cos investimentos previstos no acordo.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



