Viveiro, 12 de xaneiro, 2024. Durante os próximos días, a praza de abastos será avaliada de cara a solicitar as axudas para a súa reforma integral.
“A día de hoxe a praza é garantía de productos de calidade e proximidade, se ben certo que non existe a variedade de postos que nos gustaría. Escoitamos as demandas dos e das praceiras e acometemos o mantemento e limpeza do día a día, pero precisamos dun proxecto reviltalizador, que garanta o seu futuro. Viveiro merece dun mercado de abastos máis acolledor, que convide a entrar, que conte con diversidade nos produtos. A praza precisa dun reinicio, e o momento para facelo é agora” afirma a concelleira nacionalista, Iria Cotelo.
A concelleira iniciou os trámites para realizar os proxectos de cara á próxima convocatoria da subvención destinada a obter o selo de Mercados Excelentes ” Partimos de cero, é un proxecto ambicioso, pero necesario”. Dar este paso implica maior tardanza na ocupación dos postos desertos, “é preferible redistribuir e reformar os postos antes de adxudicalos, que ofertalos nas condicións en que se atopan”. Cotelo pide paciencia e confianza ás persoas praceiras, pois “trátase dun traballo que non vai ter uns resultados inmediatos, mais teremos unha praza de abastos á altura do concello de Viveiro”
A concelleira tamén quere desmentir as falsas acusacións vertidas polo PP de Viveiro nos últimos días, xa que “desde que o goberno se formou ó 31 de xullo do 2023, e o Bng leva a área de Mercados, aínda non saíu publicada ningunha convocatoria para dinamizar a praza de abastos, polo que rogaría que non enganen á veciñanza afirmando que o actual goberno non aproveita as axudas, máis cando votaron en contra dos orzamentos sabendo que así poderían poñer en risco a próxima subvención”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



