Ribadeo, 19 de xaneiro de 2024. Teatro afeccionado, actividades para a picaraxada, música ou charlas conformar a axenda cultural de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2024, que foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.
A edil de Cultura contou que “comezamos a presentación desta programación trimestral, que xa tivo como saben neste mes varios eventos vinculados á época de Nadal, inmersas nunha proposta da Área de Igualdade que ten tamén un cariz cultural. Hoxe mesmo, na Casa do Viejo Pancho, o público xeral terá ocasión de ver o documental Chicas nuevas 24 horas, un traballo audiovisual de Mabel Lozano, que analiza o tema da trata de mulleres. E este domingo comezamos a programación de teatro afeccionado cunha obra que estaba prevista para a Mostra de Teatro Daniel Cortezón e que daquela tivo que adiarse. Sempre é un pracer para o público ribadense recibir ao grupo de Barreiros Ollomao, que nesta ocasión contan con veciñas nosas no elenco representando O traballo de Andrea”.
Sanjurjo dixo que “o teatro amador vai estar presente en todo o semestre co grupo A Adala, que representará Marina Club polas parroquias. En concreto nestes tres meses acudirán a Vilela, Couxela, Ove, Vilaselán e Arante. En canto ao teatro profesional, Sarabela Teatro ofrecerá dúas funcións do éxito de Sechu Sende Made in Galiza. Unha será para público xeral e a outra para os centros de ensino dentro do noso ciclo de actividades para escolares O Concello cos coles. O coñecido actor de teatro, cine e televisión Avelino González, ofreceranos unha sesión de Contos de contrabando”.
As pícaras e os pícaros tamén gozarán de actividades estes meses: “e no apartado de produción teatral profesional temos tamén as propostas para público infantil, para acudir con toda a familia. Comezamos en xaneiro con Dun can de palleiro, da compañía lucense Lilá Teatro. En febreiro Elefante elegante representa Cubo e en marzo visítanos Os Monicrekes de Kukas con Viva Vivaldi!. O Día de Rosalía celebrarémolo con varios scape rooms na Biblioteca Municipal Viejo Pancho. Neste trimestre temos por suposto o Antroido, cuxa programación será obxecto dunha presentación propia”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “poderemos acudir tamén a diferentes charlas e presentacións. É o caso da do libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro, de Manuel Rivero Pérez que será unha homenaxe á ciencia en feminino; Pasado, presente e futuro do forte de San Damián no 400 aniversario da súa construción, da man de Alberto Paraje; e Los guardianes del mar. Homenaje a los torreros de los faros, con Enrique Pérez-Campoamor. Canto á música, temos coma sempre as propostas das dinámicas entidades culturais do concello enriquecendo a oferta. É o caso da que organiza este domingo ás 18.00 horas na escola vella de Rinlo A Tribo da Travesía arredor da música de tango, da man de Damián Foretic, e a Coral Polifónica de Ribadeo interpretando o seu concerto sacro a continuación do pregón da Semana Santa”.
Sanjurjo subliñou que “finalizamos coa proposta estrela destes meses. Para celebrar o Día Internacional da Muller, actuarán en Ribadeo Fillas de Cassandra. María Soa (voz, percusión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) conforman este dúo, un dos proxectos máis interesantes do panorama musical galego e estatal. E este vai ser o corpo central da nosa oferta cultural para o trimestre á que probablemente se irán sumando outras iniciativas das que iremos dando conta puntual”.
A edil lembrou que “quen queira recibir semanalmente no seu enderezo electrónico as novas dos eventos culturais pode solicitalo dirixíndose á Area de Cultura do Concello de Ribadeo”.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



