O seu importe é de 400€ para o carné B, 650€ para o Carné C e 1.300€ para o carné D, e poderán acollerse a elas as persoas menores de 31 anos e maiores de 18 no caso do permiso B
Viveiro, 23 de xaneiro de 2023. O Concello de Viveiro informa da apertura do prazo para solicitar axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte de mozos e mozas.
Estas axudas foron publicadas no día de hoxe no DOGA, a través da Orde do 31 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega. O seu importe é de 400€ para o carné B, 650€ para o carné C e 1.300€ para o carné D.
Os requisitos de idade que deben cumprir as persoas mozas no momento de presentar a solicitude son ter feitos os 18 anos para o permiso B, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31 anos.
A rapazada solicitante deberá tamén estar empadroada na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano, non estar traballando por conta propia nin allea, e aprobar os permisos de conducir para os cales se solicite esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
A documentación a presentar é unha autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobados os carnés obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. No caso da mocidade que cambiara de domicilio padroal no último ano, deberá adxuntar certificado histórico de padrón.
O prazo de solicitudes estará aberto dende mañá, mércores 24 de xaneiro, ata o 30 de setembro de 2024, salvo esgotamento de crédito. Para máis información e para tramitar a solicitude de axuda, as persoas interesadas poden acudir á OMIX do Concello de Viveiro, situada no número 1 da praza Maior, chamar ao teléfono 982888440 ou escribir ao enderezo electrónico informacion.xuvenil@viveiro.es
O Concello de Viveiro lembra que é necesario dispor de Chave 365, certificado electrónico ou clave pin para realizar estes trámites, xa que as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



