“As políticas de mocidade deben ser políticas integrais e transversais, desde todos os departamentos do Goberno Galego para así garantir unha boa execución e a mellora da calidade de vida das mozas e mozos de Galiza”, afirmou Daniel Castro
Lugo, 3 de febreiro de 2024. O número 2 da candidatura do BNG en Lugo, Daniel Castro, participou nun encontro de mocidade organizado por Galiza Nova en Lugo, onde presentou as principais liñas do BNG destinadas a mellorar a calidade de vida das mozas e mozos galegos. “Os 15 anos de goberno do PP na Xunta fixeron que as mozas e mozos de Gaiza teñamos que escoller entre a precariedade e a emigración, só un goberno do BNG pode darlle a volta a esta situación e garantir que poidamos desenvolver o noso proxecto de vida na nosa terra”.
Daniel Castro defendeu que a política destinada á mocidade “dean solución aos problemas da mocidade galega e garantan o noso futuro, políticas que se executen desde todos os departamentos do goberno para garantir unha boa execución das mesmas, mellorando a vida das mozas e mozos de Galiza”.
O BNG realizará un estudo específico sobre a situación laboral da mocidade galega, que servirá como base para a elaboración dun Plan de Emprego Xuvenil que garanta a inserción laboral das mozas e mozos, rachando coa precariedade e a temporalidade laboral, ademais de poñer en marcha un plan de fomento e apoio para a creación cultural.
Castro anunciou que o BNG executará o Plan Retorna, que facilitará a volta á casa da mocidade emigrada, xunto con medidas destinadas para reverter a situación de emigración forzosa que atravesa Galiza, facilitando o acceso a un traballo digno para as mozas e mozos, o aumento do investimento en I+D+i e o apoio aos sectores productivos e industriais.
No tocante ao lecer, castro anunciou a recuperación dos Noitebús, reducindo a dependencia dos vehículos privados, xunto coa elaboración dun novo plan de mobilidade “creando liñas de bus interurbano que conecten os núcleos de poboación con frecuencias útiles para as veciñas e veciños”.




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



