Hai uns meses celebrouse o cume do clima de Dubai con presenza de moitos países. O propio papa Francisco tiña pensado facerse presente nela. Unhas semanas antes da súa celebración escribira un documento que leva por título “Laudate Deum” e que abordaba a crise climática. De maneira apremiante o Papa convidábanos a facer algo ante o que todos vemos e percibimos: o cambio climático que afecta perxudicialmente ao planeta e que ten as súas peores consecuencias, como sempre, especialmente entre os máis pobres. Un cambio climático que, por primeira vez na historia da humanidade, é acelerado pola acción negativa do ser humano.
Os datos así o sinalan: para limitar o quecemento global a 1,5º grados, necesitariamos reducir un 45 % as emisións actuais de gases de efecto invernadoiro antes de 2030. Unhas emisións que son provocadas sobre todo polo mundo rico: o 10 % da poboación mundial máis rica emitiu o 48 % das emisións globais en 2019, mentres que ao 50 % máis pobre da poboación correspóndelle o 12 % das emisións globais. E as consecuencias afectan aos máis pobres: entre 2010 e 2020, a mortalidade humana por inundacións, secas e tormentas, foi quince veces maior nas rexións altamente vulnerables pola súa localización xeográfica ou pola súa mala situación económica que no resto de rexións.
Manos Unidas é a organización para o desenvolvemento de la Igrexa católica que nos esperta ante a cegueira coa que moitas veces afrontamos a vida. Cada mes de febreiro, coa súa campaña, lémbranos algúns datos sanguentos no noso mundo inicuo. Neste ano, lémbranos que o ser humano é a única especie capaz de cambiar o planeta. Así o fixo cando modificou a contorna ao seu antollo para vivir egoístamente moito máis cómodo. E, con todo, é posible a esperanza. Do mesmo xeito que somos causantes da contaminación, tamén podemos romper o círculo e traballar polo coidado do planeta e contribuír ao desenvolvemento de todas as persoas. Unha empresa fermosa, grande, difícil, apaixonante…
Porque loitar contra a fame no mundo ten que ver tamén con comprometernos contra o cambio climático. Esta é a causa de tantos desprazamentos, fames negras e traxedias. Así o lembra o Papa: “O quecemento orixinado polo enorme consumo dalgúns países ricos ten repercusións nos lugares máis pobres da terra, especialmente en África, onde o aumento da temperatura unido á seca fai estragos no rendemento dos cultivos”. Por iso, debemos falar dunha “débeda ecolóxica” do mundo rico co mundo pobre que tería enormes consecuencias se o pensásemos ben. Por iso é polo que Francisco afirma: “É necesario que os países desenvolvidos contribúan a resolver esta débeda limitando de maneira importante o consumo de enerxía non renovable e achegando recursos aos países máis necesitados para apoiar políticas e programas de desenvolvemento sostible (…) Necesitamos fortalecer a conciencia de que somos unha soa familia humana” (LS 52).
A loita contra a fame, que é tamén loita contra o cambio climático, xógase no ámbito político, na transformación do sistema económico e o ámbito persoal. A dimensión estrutural do problema, que nunca a podemos esquecer, ha de ir parella ao cambio persoal de formas de consumo, de opcións por unha vida máis sinxela e austera, de compromiso comunitario pola solidariedade, a acollida e a comuñón cristiá de bens, de iniciativas concretas de coidado da casa común, de opcións e apoio a proxectos de cooperación e desenvolvemento…
Grazas ao voluntariado de Manos Unidas, sempre aberto a novas mans solidarias que se comprometan en novas iniciativas, por mostrarnos esta imaxe do noso mundo e abrirnos un camiño de esperanza.
O voso irmán e amigo.
Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



