Entre 2016 e 2022 estas entidades desenvolveron máis de 700 accións cun apoio público de máis de 37 millóns de euros cofinanciados co anterior FEMP que propiciaron máis do dobre de investimento e a creación de máis de 400 empregos directos
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024. O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolleu hoxe a resolución das axudas concedidas, na convocatoria de 2023, para o financiamento de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). En total foron preto de 5 millóns de euros os mobilizados para poñer en marcha un total de 70 actuacións que están a desenvolver concellos, asociacións, confrarías, empresas e emprendedores repartidos de norte a sur por toda a costa galega.
Estes apoios mobilizaron xa 665.316 euros na anualidade para 2023, 3,8 millóns de euros para este exercicio e conta con preto de 485.500 € máis para o vindeiro debido a proxectos programados a varios anos. Inclúense dentro dun orzamento global de 18,4 millóns de euros para as iniciativas que se desenvolverán entre 2023 e 2025. A resolución publicada no DOG polo departamento que lidera en funcións Alfonso Villares é a primeira dentro do marco do Fempa e na actualidade está aberta a convocatoria para o ano 2024, que mantén ata o vindeiro día 29 de este mes de febreiro o prazo para presentar proxectos.
Deste xeito, os potenciais beneficiarios destas axudas -pequenas e medianas empresas e persoas autónomas así como persoas xurídicas sen ánimo de lucro como as confrarías de pescadores ou outras entidades do sector- poden presentar as súas iniciativas ao abeiro dos oito GALP existentes na comunidade para aumentar o valor, crear emprego, valorar o fomento da participación das mulleres, atraer xente nova e promocionar a innovación en todas as fase da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
Entre os obxectivos das iniciativas tamén están o fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas, o aproveitamento do patrimonio medioambiental -incluídas as operación de mitigación do cambio climático-, o fomento do benestar social e do patrimonio cultural ou o reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e a gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais. Para poder aplicar as estratexias de desenvolvemento local participativo, a Consellería do Mar seleccionou a finais de 2022 os oito GALP que hoxe están en funcionamento.
Na resolución publicada hoxe o GALP A Mariña-Ortegal totaliza seis iniciativas nas que se investirán algo máis de 295.400 euros; o GALP Golfo Ártabro Norte ampara 11 proxectos por 787.300 euros; o GALP Costa da Morte suma 6 actuacións con máis de 608.259 euros de apoio; van outros 679.270 euros para o GALP Costa Sostible que impulsarán 12 accións; o GALP Ría de Arousa, tamén cunha ducia de proxectos, supera os 685.000 euros; o GALP Ría de Pontevedra mobiliza oito actuacións e 706.600 euros de axudas; o GALP Ría de Vigo-A Guarda, con 11 iniciativas, rolda o millón de euros; e o GALP Golfo Ártabro Sur suma outras catro accións que se achegan aos 200.000 euros.
Estes oito grupos engloban a máis de 400 organizacións locais en representación dos sectores económicos, sociais e públicos, das que preto dun cento pertencen ao sector pesqueiro representando a máis de 13.000 profesionais do mar. Neste sentido, Galicia é a primeira comunidade autónoma que ten os grupos seleccionados, as súas estratexias aprobadas e lanza a convocatoria de axudas a proxectos ao abeiro do Fempa.
Resultados período FEMP
Entre 2016 e 2022, dentro do marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), desenvolvéronse algo máis de 700 proxectos ao abeiro dos GALP cun apoio público de máis de 37 millóns de euros e un investimento total de preto de 80 millóns de euros.
As iniciativas postas en marcha permitiron xerar máis de 400 empregos directos a tempo completo e a actividade inducida no conxunto da economía superou os 215 millóns de euros e supuxo a xeración de máis de 4.500 postos de traballo entre directos e indirectos froito do desenvolvemento dos proxectos ou da actividade apoiada.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



