Quizais un dos máis grandes méritos do BNG de Ana Pontón nestas eleccións nacionais foi pór por diante a axenda de intereses galegos, malia os esforzos en contra opostos polos paracaidistas do PSOE, Sumar e PP. Ficou ben nidio que a cidadanía do país queria escoitar e falar dos seus problemas e das súas posíbeis solucións. Velaí o bo suceso do BNG e mesmo, parcialmente, da reacción do PP de Rueda, que apelou fronte á Pontón a argumentos propios de políticas a desenvolver dende Galicia.
Malia Feijóo, Sánchez, Díaz ou mesmo Rueda na precampaña e primeiro terzo da campaña, falouse de autogoberno, economia e benestar. Referidos a Galicia. Falouse do que nos convén e do que nos deixa de convir e ducias de milleiros coñecen xa que aos galegos e galegas non nos compre máis España, senón máis Galicia. Dito doutro xeito, que partillamos lóxicamente-somos un país europeo non demasiado diferente do conxunto dos demáis- algúns dos intereses comuns do Estado e da Europa, mais diferimos en non poucos polas características do noso territorio, distribución da poboación, lingua e cultura e estrutura económica.
Velaí un sistema de representación política ben diferente do estatal (Voz, Sumar e Podemos sen representación, PSdeG con só un 14% dos votos e un 12% dos escanos, mentres o BNG quita un terzo dos escanos…), de dimensións diferenciais só albiscábeis en Catalunya, Euskadi e Nafarroa. Representación que alicerza unha interpretación plurinacional do Estado se Sánchez Pérez-Castejón é quen de respectala e pode constituir o único xeito de ver esa España que outros teiman en conceptuar única no linguístico, cultural e (o que aínda é peor) no atinxente aos intereses empresariais, sociais e de infraestrutura social básica.
Terá tamén Rueda oportunidade de demostrar se vai continuar a ser un apéndice dos intereses da grande empresa madrileño-española que representan Núñez Feijóo e Díaz Ayuso ou quere representar centos de empresas galegas, quer da economía do capital, quer da economía social, que demandan un apoio do seu Goberno que até de agora lles foi negado.
E, en último de contas, a sociedade civil galega haberá reivindicar, se os seus axentes queren ser críbeis en cadanseus ámbitos sectoriais, a súa autonomía a respecto de todas as opcións políticas, o que até de agora non foi posíbel. Malia exemplos de corrección democrática como o de Vieitez, presidente da CEG, cando recoñeceu que o programa do BNG era substancialmente “amigábel” canto aos intereses da promoción empresarial.
O PP quitou a maioría absoluta. Mais xa non é hexemónico nin vai poder impor, en exclusividade, a súa axenda na sociedade civil galega. Imos vivir, xa que logo, tempos de máis democracia.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



