“É un goberno que quere estar de costas aos veciños, estar illado e non escoitar aos lucenses e a proba máis evidente é que non lles deixaron entrar a moitos veciños de Becerreá”, dixo o popular
Lugo, 27 de febreiro de 2024. O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, considera “vergonzoso que o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, prohiba o acceso aos veciños a un pleno que é público” que demostra que “non quere escoitar á xente”.
Así o manifestou tras ter coñecemento de que veciños da provincia que querían escoitar o debate de dúas iniciativas no pleno da Deputación sobre a protectora de animais e plantas de Lugo e a residencia de Becerreá non puideron acceder ao interior da sede da Deputación de Lugo.
“Isto é porque o presidente puxo un cartel de aforo máximo de 26 persoas na sala habilitada para o público na parte superior do salón de plenos e porque ordenou quitar as sillas na parte de abaixo. E todo da noite para a mañá porque queren estar illados e de costas aos veciños”, indicou. Nese sentido, convídao a rectificar e actuar con coherencia “mantendo este mesmo criterio tamén cando ao pleno acudan persoas para adular ao presidente”.
Ameijide considera “vergoñento que as forzas de seguridade teñan que levantar acta de que non se pode acceder a un edificio público. E tamén que o presidente da Deputación se escude detrás de funcionarios e gardas de seguridade”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



