Lugo, 4 de marzo de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Tradescola nunha nova edición do Certame de debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional galega, que pretende difundir a música e cultura tradicional entre as xeracións máis novas.
A deputada de Cultura Iria Castro, a coordinadora da Tradescola Mónica Fernández e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro presentaron a convocatoria, dirixida a nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria.
Iria Castro valorou “a continuidade do certame, que contribúe a que as nenas e nenos coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos” e reafirmou “o compromiso da área de Cultura con todas as actividades formativas e divulgativas que desenvolve a Tradescola ao longo do ano”.
A participación no certame artícúlase a través dos centros educativos, que recibiron a convocatoria e as bases. Os debuxos deberanse enviar (escaneados ou fotografiados) por correo electrónico á Tradescola ata o 5 de abril de 2024.
O xurado do certame, composto por membros do profesorado da Tradescola, seleccionará 10 debuxos finalistas, que serán premiados cun lote de material didáctico. Ademais, elixirá unha gañadora ou gañador que poderá matricularse de xeito gratuíto nunha materia na Tradescola no vindeiro curso. O seu centro educativo recibirá como agasallo un concerto didáctico de música tradicional a cargo da Trasdescola.
O certame de debuxo é parte das actividades que a escola de música tradicional da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desenvolve ao longo do ano, co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo. Ademais das actividades divulgativas e lúdicas, a Tradescola imparte ao longo do ano aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que asisten máis de 300 alumnas e alumnos.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



