“Esta celebración é unha garantía da continuidade da Semana Santa de Viveiro”, afirma a alcaldesa María Loureiro
Viveiro, 4 de abril de 2024. O Concello de Viveiro colabora un ano máis coa Semana Santa dos Nenos, promovida polos veciños de Campo de Urraca, que se celebrará esta fin de semana, concretamente mañá e o sábado.
Máis de 200 cativos formarán parte dun dos actos máis emotivos da Semana Santa viveirense, declarada de Interese Turístico Internacional, e que mestura a través deste tipo de actividades tradición, devoción e colaboración cidadá.
“Esta celebración é unha garantía da continuidade da Semana Santa de Viveiro, que ten non só unha gran tradición e un gran pasado que segue máis vivo que nunca, senón tamén un gran futuro”, afirma a alcaldesa María Loureiro.
“A Semana Santa dos Nenos conta xa cunha notable traxectoria en si mesma, sendo un xeito marabilloso de implicar á cativada na celebración desta época tan importante para Viveiro”, destaca a rexedora.
O Concello de Viveiro colabora con esta cita aportando a merenda de todos os nenos e nenas que participan e o material necesario, ademais da organización e a loxística das procesións que discorrerán polas rúas da vila.
Segundo informa o Concello, o tráfico estará cortado á altura da praza Juan Donapetry e a Avenida de Cervantes o venres 5 de abril ás 18:00 horas e ata o paso da procesión, e de novo ás 19:00 na praza Juan Donapetry, no retorno da mesma cara a Campo de Urraca.
Por outra banda, o sábado 6 de abril a praza xa mencionada volverá ter o tráfico curtado ás 18:00, para a saída da procesión, e ás 19:00, no seu retorno.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



