O prazo de inscrición comezará o propio día 23 de abril, Día do Libro, e cada participante poderá presentar unha imaxe que reflicta os seus hábitos de lectura
Viveiro, 10 de abril de 2024. O Concello de Viveiro quere conmemorar o Día do Libro, que se celebra cada ano o día 23 de abril, convidando de novo á veciñanza a participar no Concurso de Fotografía “Onde les ti?”.
A iniciativa, impulsada pola concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro, conta un ano máis coa colaboración do Centro comercial Casco Histórico de Viveiro.
“Este concurso serve para visibilizar os diferentes hábitos para ler que temos as persoas lectoras, e, polo tanto, serve para promover a lectura entre a xente de todas as idades”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O concurso ten por obxecto imaxes nas que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e nas que o libro ou o acto de ler sexan os protagonista. Poderán ir acompañadas dunha breve descrición se a persoa participante o considera preciso.
O prazo para o envío das fotografías comeza o propio día 23 de abril, martes, e finaliza o día 30. Establécense tres categorías de participación: infantil, ata 12 anos; xuvenil, entre 13 e 17 anos; e adulto, a partir de 18 anos.
Os premios serán un lote de libros cun valor de 60 euros e un lote de entradas para os Cines Viveiro cun valor estimado de 100 euros para cada categoría. Só se poderá presentar unha imaxe por persoa.
Unha vez recibidas as fotografías, o 2 de maio serán publicadas por categorías na páxina de programación cultural do Concello de Viveiro, onde a cidadanía poderá votar pola súa favorita ata o 6 de maio.
A fotografía que máis votos reciba en cada categoría será a gañadora. O día 8 de maio darase a coñecer que instantáneas resultaron premiadas, e se anunciará a data e o lugar do acto de entrega de premios.
Para participar, as fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico ao enderezo da Biblioteca Municipal de Viveiro: biblioteca.viveiro@viveiro.es





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


