“Nós non nos vamos a opoñer a que o equipo de goberno, do PSOE e BNG, implanten as máquinas de fichaxe para os traballadores municipais pero si que é verdade que notamos unha falta de empatía co persoal”, sinala o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira
Foz, 24 de abril de 2024. O Partido Popular de Foz recoméndalle a Cajoto máis cercanía e confianza cos compañeiros e menos maquinitas. Así, o fai tras ter coñecemento da intención do equipo de goberno de instalar as máquinas de fichaxe para controlar o horario que fan os empregados municipais.
“Nós non nos vamos a opoñer a que o equipo de goberno, do PSOE e BNG, implante as máquinas de fichaxe para os traballadores municipais pero si que é verdade que notamos unha falta de empatía co persoal. Entendemos que isto non é unha casualidade, entendemos que o equipo de goberno prefire o control e o manexo, desde a tecnoloxía, das persoas traballadoras do Concello”, sinala o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
“O Partido Popular prefire e preferiu sempre o trato persoal. Un trato persoal que falta a día de hoxe, unha empatía que é practicamente nula, especialmente por parte do alcalde”, continúa Jorge Castiñeira.
Esta falta de empatía está a levar a serios problemas no Concello onde hai departamentos, que son fundamentais para a xestión diaria, que ou ben se está traballando con substitutos ou con persoal das bolsas de emprego ou ben hai postos que levan tempo sen cubrirse, como é o caso da propia secretaría municipal. O voceiro do PP de Foz pídelle “máis esforzo ao señor alcalde e aos membros do equipo de goberno porque o trato persoal e, neste caso, a relación cos traballadores é fundamental para que haxa un bo servizo”.
“Señor Cajoto a solución non son as maquinitas, a solución é a empatía, son as persoas e, sobre todo, o trato cercano do que vostede carece”, finaliza o popular Javier Jorge Castiñeira.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



