O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, participou este xoves xunto á Alcaldesa de Burela e tamén Deputada provincial, Carmela López, no peche da 31ª edición das xornadas técnicas organizadas pola Fundación Expomar, que conta co apoio da institución provincial
Lugo, 9 de maio de 2024. O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este xoves xunto á Alcaldesa de Burela, tamén Deputada provincial e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, na clausura da 31ª edición das Xornadas Técnicas de Expomar, nas que durante dous días o porto de Burela se converteu na capital do mundo da pesca e da náutica.
No acto oficial da clausura, Francisco Cajoto destacou o compromiso da Deputación coa Mariña e co sector pesqueiro apoiando, un ano máis, a celebración desta cita á que a institución provincial achega 12.000€ para a súa organización e celebración. Puxo en valor o Deputado as tres décadas de Expomar “estudando o mundo do mar, a súa problemática e as necesidades dos seus profesionais”. Segundo apuntou, “a pesca representa na nosa comarca e no conxunto da provincia unha riqueza socioeconómica que se mide en cifras do PIB, pero tamén nos intanxibles culturais e etnográficos. A pesca é un sinal de identidade tradicional, e mesmo un punto de integración para novas culturas, como demostra a importante presenza de xente do mar que son hoxe lucenses nados noutros países”.
Cajoto Caserío deu os parabéns á Alcaldesa polo seu “excelente traballo” na promoción de Expomar e no conxunto do concello. A rexedora e o seu equipo, asegurou, “están collendo o mellor de todo o que se fixo en Burela nestes anos, e traballando para darlle un novo pulo e incrementar aínda máis o impacto e a pegada de acontecementos coma este”. Valorou as conclusións obtidas na nova edición destas xornadas para seguir afrontando os desafíos do sector no futuro, así como as altas cifras de participación rexistradas na feira, tanto de profesionais como daquelas persoas vinculadas ao mundo do mar e da pesca.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



