Ribadeo, 11 de xuño de 2024. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o sábado, 15 de xuño, ás 11:30 e ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Fin de Curso, dentro dos actos do 30 aniversario do centro. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
Hugo García, o responsable da EMMeD, salientou que o festival será “un ano máis unha caixa de sorpresas. Este ano decidimos romper coa idea dun festival temático, porque cremos que a ocasión o merece e que os 30 anos da Escola había que celebralos con actuacións especiais, con presenza de xente que pasou polo centro durante este tempo”.
E subliñou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións…”.
A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, manifestou que “o fin de curso é sempre unha festa importante e este ano máis. O alumnado amosa ás familias e ao público en xeral os avances nas distintas disciplinas e fainos partícipes da vida da escola. Vémonos no auditorio aplaudindo os nosos artistas”.
O responsable do centro valora de maneira moi positiva o curso 2023-2024 e considera que “é preciso seguir traballando tal e como o vimos facendo ata o de agora para manter e aumentar o nivel formativo e máis a calidade das actividades que organizamos”. O centro mantén o número de matrículas, con preto de 380 persoas inscritas, e o número de docentes, trece.
A dirección da EMMeD de Ribadeo xa traballa na preparación do curso 2024-2025 no que non haberá grandes cambios.
Antes de pechar o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo aínda realizará diversas actividades, como pode ser o programa Musiqueando polas parroquias, das que se dará cumprida información.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



