A compañía presentou unha serie de ofertas non vinculantes para a posible venda do complexo industrial de San Cibrao e solicitou que se amplíen os prazos do proceso para que as empresas poidan concretar as súas propostas
Madrid, 12 de xuño de 2024. Hoxe celebrouse unha nova reunión da comisión de seguimento de Alcoa no Ministerio de Industria e Turismo na que participaron o comisionado especial para o PERTE de Descarbonización Industrial, Luis Ángel Colunga; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana; e representantes da empresa e do comité de empresa.
Durante a reunión, a compañía, sen descartar ningunha opción, presentou unha serie de ofertas non vinculantes para a posible venda do complexo industrial de San Cibrao. Neste sentido, Alcoa solicitou que se amplíen os prazos do proceso porque as propias empresas pediron máis tempo para concretar as súas propostas.
Ao mesmo tempo, o Goberno de España segue traballando e analizando medidas que favorezan unha solución pactada entre empresa e traballadores para o que pide a máxima colaboración e implicación á Xunta de Galicia. O Goberno mantén un firme compromiso de continuar traballando para que un sector estratéxico como o aluminio en Galicia siga en España.
As partes emprazaron a reunirse nas próximas semanas para que Alcoa poida presentar e definir as ofertas non vinculantes ás que se referiu na reunión desta mañá.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



