Antonio Ameijide recorda como este proxecto industrial xurdiu dun convenio asinado entre o Concello, a Deputación e Suplusa no ano 2006, pero tanto socialistas como nacionalistas o manteñen bloqueado pese a que teñen a obriga de facelo realidade dende o goberno provincial
Riotorto, 21 de xuño de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular acusan directamente a PSOE e BNG, e concretamente ao presidente José Tomé, de ser o maior obstáculo do desenvolvemento industrial na provincia de Lugo nos últimos anos.
Así o afirma o voceiro popular, Antonio Ameijide, despois de comprobar xunto aos deputados José María Fernández e Clemente Iglesias (tamén alcalde de Riotorto) os nulos avances no polígono industrial comprometido para este municipio.
Os polígonos comprometidos totalmente paralizados, sendo un exemplo diso o de Riotorto. Desde 2006 están esperando a que sexa unha realidade, nun municipio que necesita desta área industrial para que negocios que xa están en marcha poidan ampliar a súa actividade. “De feito, o propio alcalde de Riotorto, que tamén é compañeiro na Deputación, insiste na necesidade de que a Deputación dea cumprimento a este compromiso adquirido no ano 2006”, indicou.
Na mesma liña se pronunciou o alcalde de Riotorto e deputado provincial popular, Clemente Iglesias, que puxo un novo exemplo do obstáculo que son PSOE e BNG para o avance industrial da provincia. “No 2020 defendemos no pleno do Concello unha moción para solicitar á Deputación que incluíse nos orzamentos do ano seguinte a execución do polígono para o municipio, unha iniciativa que se aprobou grazas aos votos do PP, xa que os edís do PSOE votaron en contra mentres que o concelleiro do BNG abstíbose”, recordou.
Unha clara mostra de que tanto socialistas como nacionalistas son “verdadeiros obstáculos” para o desenvolvemento industrial. Unha parálise que se ve reflectida tamén en numerosos municipios da provincia, como poden ser A Fonsagrada ou Baralla, aínda por desenvolver, ou en Ourol ou Castroverde, totalmente abandonados a súa sorte.
ANTECEDENTES
No ano 2006, cun presidente do PP á fronte da Deputación, o Concello de Riotorto, Supsula e a Deputación Provincial de Lugo para a construción dun polígono industrial nese municipio, “proxecto que se meteu nun caixón en canto socialistas e nacionalistas chegaron á presidencia provincial”, recordou Ameijide.
Segundo ese convenio, Suplusa encargaríase da construción da área industrial e da venda das parcelas mentres que o Concello de Riotorto dotaría ao polígono dos servizos necesarios, pero trala chegada de PSOE e BNG ao goberno provincial “a parcela en lugar de naves industriais e empresas so ten herba, silvas e maleza”.
É certo que o polígono xestionábase a través da extinta Suplusa polo que, como co resto de dereitos e deberes asumidos, é a Deputación de Lugo a que debería de continuar co proxecto. “Un exemplo máis de que o único que lle interesa a PSOE e BNG é facerse fotos en lugar de traballar polos veciños da provincia”, afirmou.
Nestes anos, dende o Grupo Provincial Popular tentouse impulsar esta zona industrial, defendendo unha moción no pleno (2019) para facer realidade este polígono, pero PSOE e BNG rexeitaron a iniciativa.
Incluso, en xaneiro de 2019 realizouse, por parte de Suplusa, o proxecto de urbanización deste parque industrial.
Tamén se presentaron preguntas (2021), pero as respostas do goberno provincial foron “saídas cara adiante e como vemos a día de hoxe nada fixeron porque seguen a bloquear o desenvolvemento industrial e económico da provincia de Lugo”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



