O Grupo Provincial Popular preguntará no próximo pleno a Tomé por que non atende aos alcaldes do PP que levan anos solicitando manter reunións co presidente
Sábado, 22 de xuño de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman unha vez máis ao goberno provincial “igualdade de trato” para tódolos Concellos da provincia tras ter coñecemento dun novo convenio aprobado por PSOE e BNG cun Concello gobernado por unha alcaldesa socialista. Nesta ocasión, o goberno provincial acordou dirixir 350.000 euros dos fondos da Deputación ao Concello de Viveiro para “tapar os buratos” da mala xestión do goberno local, “un agravio para o resto de concellos da provincia”.
O portavoz, Antonio Ameijide, sinala que “novamente, igual que fixeron a semana pasada co convenio para dirixir 300.000 euros a dedo a outro Concello gobernado polo PSOE, o de Meira; tamén o ocultaron na rolda de prensa posterior á xunta de goberno para intentar evitar que se enteren o resto de concellos”.
O popular censura que “Tomé só axude aos seus. Segue na liña do municipalismo de amiguetes: sacando a chequera para alcaldes do PSOE ou do BNG”. Isto supón non só “discriminar ao resto dos Concellos e, polo tanto, dos veciños e veciñas deses Concellos”; senón, “aínda por riba, premiar a mala xestión económica de alcaldes socialistas con cartos de tódolos lucenses”.
Os deputados populares explican que “a cooperación cos Concellos é unha das funcións propias da Deputación” e reclaman “o mesmo trato para todos os concellos e tódolos lucenses” fronte ao “sectarismo de PSOE e BNG”. A este respecto, lembran que o pasado ano 2023 o goberno provincial repartiu a dedo 15M€ con Concellos gobernados polo PSOE ou polo BNG a través de convenios aprobados nas xuntas de goberno.
E o sectarismo tamén se aprecia na atención aos alcaldes e alcaldesas. Polo tanto, o Grupo Provincial Popular preguntará no próximo pleno por que Tomé non atende aos alcaldes do PP que levan anos solicitando manter reunións co presidente.
PAGAR A MALA XESTIÓN DOS ALCALDES SOCIALISTAS
O voceiro provincial pon sobre a mesa outros exemplos de rescate a concellos gobernados por alcaldes do PSOE financiando “a neglixente xestión” dos alcaldes socialistas ao longo da provincia, recordando varios casos dos últimos meses como Pol, Guitiriz, Taboada, Antas de Ulla ou Meira, “curiosamente todos gobernados por rexedores socialistas”.




















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



