Lugo, 27 de xuño de 2024. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS que lograron o título de liga tras vencer ao Atlético Navalcarnero (2-0) este mércores no pavillón de Vista Alegre, en Burela.
O vicepresidente parabenizou ao equipo “por un título que segue ampliando o palmarés de luxo do club burelao, e que supón un novo fito para o deporte galego e feminino” e explicou que “a costume de celebrar títulos non nos fai esquecer o esforzo que hai detrás de cada un destes logros deportivos, que son motivo de orgullo para Burela e para toda a provincia”.
As xogadoras laranxas, que viaxaron coa copa que as acredita como campioas da máxima competición estatal por sexta vez, aproveitaron a visita para achegarse ata a sala de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo, que alberga o torques de Burela, unha das pezas máis senlleiras do patrimonio provincial, referenciada no deseño do escudo do concello e tamén do club.

























O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



