Dende 2019 rexeneráronse máis de 10 millóns de m2 e as entidades beneficiarias levan sementados ao redor de 277 millóns de unidades de ameixa
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024. A Xunta de Galicia destina 1.750.000 euros para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables. A convocatoria de axudas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimos de Pesca e Acuicultura (FEMPA), xa está en marcha e foi dada a coñecer este luns polo conselleiro do Mar aos representantes das federacións galega de confrarías e das tres provinciais. No encontro de traballo tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde.
O 57,14%, é dicir, 1 millón de euros, distribuirase en 2024, e o 42,8% restante, 750.000 euros, en 2025. Estas axudas están destinadas a fomentar unha pesca sostible e á recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, co obxectivo de contribuír á protección e á recuperación da biodiversidade e os ecosistemas acuáticos mediante o desenvolvemento de actividades de medidas de protección do medio mariño e de restauración dos ecosistemas incluídos bancos naturais, zonas de cría e reprodución de especies.
O importe máximo subvencionable por proxecto será de 75.000 euros e a intensidade da axuda pode acadar o 100% do investimento. No marco destes proxectos considéranse subvencionables actuacións como redacción de proxectos técnicos cando o esixa a normativa aplicable; a contratación de empresas, profesionais ou entidades prestadoras de servizos para realizar accións como limpezas, remocións ou emendas do substrato, dragaxes, achegas ou traslado de áridos, eliminación de obstáculos que modifican as correntes, prevención, control e eliminación de especies exóticas invasoras, rareos, traslados ou sementeiras de especies marisqueiras; adquisición de equipos e material necesario, así como de semente de especies marisqueiras autóctonas en zonas onde se teña constatado un fallo no recrutamento natural das especies obxectivo, polo menos no último ano e sempre que esta semente proceda exclusivamente de criadeiro.
Así, unha das novidades máis reseñables desta convocatoria é que se poden incluír aqueles traballos de restauración da biodiversidade realizadas directamente polos mariscadores con permiso de explotación en vigor, sempre que non sexan labores propios da actividade marisqueira ordinaria e ata un límite máximo do 20% do orzamento do proxecto.
10 millóns de m2 desde 2010
No que respecta á convocatoria de 2023, beneficiáronse 27 entidades. As actuacións estiveron centradas en hábitats costeiros de importancia para a reprodución de organismos mariños con dragados e aporte de áridos en máis de 138.281 m2 ou remoción de substrato en 1,8 millóns de m2; a repoboación de especies autóctonas de bivalvos en 221.951 m2 de superficie e con case 14 millóns de unidades de semente de ameixa babosa. Dende 2010 rexeneráronse máis de 10 millóns de m2 e as entidades beneficiarias levan sementados ao redor de 277 millóns de unidades de ameixa.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



