Os concelleiros populares solicitarán acceso ao expediente sobre as novas piscinas e que o goberno municipal dea explicacións aos vilalbeses
Vilalba, 1 de xullo de 2024. Os concelleiros do PP de Vilalba fanse eco das queixas dos usuarios polos graves incidentes nas novas piscinas exteriores da Madalena recentemente inauguradas polo goberno local. O chan é moi rugoso e chega a provocar, incluso, feridas nos pés dos nenos e nenas.
O Grupo Municipal Popular esixe ao goberno bipartito tomar medidas de forma urxente e dar explicacións aos vilalbeses e vilalbesas do que pensa facer ao respecto. Así mesmo, solicitarán formalmente ao Concello acceso ao expediente das novas piscinas.
Os populares explican que “todo parece indicar que o tratamento antideslizante do vaso das piscinas é moi abrasivo” e no caso da piscina dos máis pequenos é onde máis se acentúan os efectos negativos sobre os usuarios porque “a maior parte do tempo están facendo pé”. Os concelleiros recibiron queixas de nenos e nenas que “saíron cos pés sangrando ou que gastaron o fondo das chanclas que levaban vestidas”.
ACONDICIONAMENTO DE ESPAZOS PÚBLICOS
O Grupo Municipal Popular tamén pide ao bipartito de PSOE e Vilalba Aberta que “realicen o debido mantemento das zonas abertas ao público” ao apreciar que a terraza está chea de maleza. “As instalacións públicas que se empregan no verán deberían estar acondicionadas, como mínimo, antes do inicio do mes de xullo”.
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



