Lembran que “o principal obstáculo para a continuidade da actividade desta factoría que xera emprego e riqueza na Mariña” ten que ver coa “dificultade de acceso a un prezo eléctrico estable e competitivo”
San Cibrao, 9 de xullo de 2024. O PP lucense presenta unha batería de preguntas no Senado para esixir explicacións ao Goberno de Pedro Sánchez polo “bloqueo” das autorizacións dos parques eólicos chamados a subministrar enerxía a través de contratos de longa duración a Alcoa San Ciprián, a única empresa de produción de aluminio primario de España, e compensar así a dificultade de acceso a un prezo eléctrico estable e competitivo.
Os populares queren saber se o Goberno é consciente de que pasan os meses e seguen sen autorizarse a execución dos cinco parques eólicos da provincia de Lugo chamados a subministrar enerxía á planta de San Cibrao. Son aqueles que contan cunha declaración de impacto ambiental favorable emitida pola Xunta, pero que se atopan paralizados ao non tramitar o Goberno central a súa autorización, un inconveniente que prometeron solucionar hai meses.
Os senadores inciden en que “o Goberno de Sánchez non cumpriu co que prometeu”, despois de non ser capaz tampouco de autorizar en prazo, en tempo e forma, estas instalacións renovables. Agora vemos como tampouco funcionou a solución habilitada a través do Real Decreto 8/2023, de 27 de decembro, no que se regulaban os dereitos de acceso e conexión á rede das instalacións renovables e que o propio Executivo central vendeu como solución.
Os representantes do PP por Lugo na Cámara Alta -José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano- esixen respostas porque “esta situación pon en risco a continuidade da actividade da factoría e, con ela, de postos de traballo directos e indirectos” toda vez que “o principal obstáculo para a continuidade da actividade da planta é a “dificultade de acceso a un prezo eléctrico estable e competitivo”.
Ademais, engaden que “este novo bloqueo” se suma a outras mostras da “falta de vontade do Executivo en apoio desta industria e dos seus traballadores” o que supón xerar novas incertezas ao xa de por si incerto futuro de Alcoa”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



