Burela, 26 de xullo de 2024. A Xunta de Galicia apoia un ano máis a Feira do Bonito de Burela, que alcanza a súa 38ª edición a fin de semana do 3 e 4 de agosto. Dende o ano 2019 conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron hoxe na presentación do programa xunto cos organizadores e representantes das demais entidades colaboradoras.
Os responsables autonómicos puxeron en valor a longa traxectoria desta cita gastronómica, unha das máis emblemáticas da Mariña. Destacaron a súa importancia “para promocionar un produto que proporciona a Burela unha proxección nacional moi relevante e repercute en todos os sectores de actividade da vila, incluído o turístico”. A feira conta co apoio do Goberno galego para asumir os custes de organización e a difusión das actividades.
Subliñaron o compromiso da Consellería do Mar co sector pesqueiro de Burela a través de campañas promocionais para fomentar o consumo dos produtos do mar e tamén coa mellora das infraestruturas portuarias.
Entre as máis recentes impulsadas este ano no porto burelés destacaron a renovación de 56 novas defensas e cinco morróns de grandes dimensións para reforzar a seguridade da frota e mellorar as condicións de amarre; a renovación das portas dos departamentos do punto limpo; o acondicionamento do firme na zona de manobras de carga e descarga de mercadorías do peirao comercial ou o proxecto para reforzar o dique de abrigo.
Apoio da Deputación
A Deputada de Réxime Interior, promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres na presentación da XXXVIII Feira do Bonito e XXII da Feira Produart, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Burela. No acto tamén participaron a Alcaldesa do municipio e Deputada de Economía, Facenda e Recadación de Contas, Carmela López; e a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera; entre outras autoridades.
O acto de presentación da cita incluíu cunha showcooking organizada coa colaboración da Deputación, co obxectivo de impulsar a gastronomía local cara a celebración da feira que terá lugar os vindeiros 3 e 4 de agosto. A sesión contou coa participación de destacados chefs da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo, que presentaron varios propostas culinarias en directo co bonito como protagonista.
Pilar García Porto sinalou que a Deputación colabora con esta cita, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, porque “somos conscientes de que a Feira do Bonito é un verdadeiro símbolo da nosa cultura mariñeira e un reflexo da alta calidade do bonito de Burela. Este produto é recoñecido pola súa captura sostible e forma parte dunha longa tradición que nos enche de orgullo”.
Durante a showcooking, os presentes puideron degustar pratos innovadores da man de cociñeiros profesionais como Alejandro Méndez, quen presentou un Montadito de bonito de Burela con alioli de chile e pack choy; Bruno Pena, que deleitou cun Bonito aliñado con aguacate; e Pablo Vila, cunha aposta de Tataki de bonito con améndoa e tomate.
“O bonito de Burela é recoñecido non só pola súa excelente calidade, senón tamén pola súa captura sostible, unha práctica que forma parte dunha longa tradición que nos enche de orgullo. A costeira deste peixe é un evento que implica a toda a comunidade, desde os mariñeiros que saen ao mar, as súas familias, até os hostaleiros que se nutren deste excelente produto e toda a comarca que se enorgullece deste tesouro”, subliñou a Deputada.
Así mesmo, Pilar García Porto eloxiou o traballo da Asociación Ledicia e ao Concello de Burela por organizar unha feira que ademais de poñer en valor un produto estrela relacionado co mar como é o bonito, supón un grande escaparate turístico de primeiro nivel. “A Feira do Bonito é unha oportunidade única para destacar a nosa oferta turística. Lugo aposta por un turismo de calidade, sostible e non masificado. Os visitantes poden gozar dunha experiencia auténtica, inmersos na beleza natural das nosas paisaxes e no ritmo tranquilo que ofrecemos”.
Rematou a Deputada animando á cidadanía e aos visitantes a participar na feira, a achegarse a Burela “para descubrir os sabores do noso mar, coñecer de preto a nosa tradición mariñeira e desfrutar dun entorno privilexiado”.
Programa
O programa da XXXVIII Feira do Bonito arrancará o sábado, día 3 de agosto, ás 13:00 horas, coa recepción de autoridades e o izado de bandeira azul no barco museo Reina del Carmen. A continuación terá lugar a entrega de premios do concurso de carteis e o recoñecemento de Asador Maior e Colaboradora de Honra da Feira, a Lois Pereira e Sofía González Anido. Acto seguido, procederase á lectura do pregón, a cargo do policía burelés Julio López Quiroga, e despois farase a degustación, que se prolongará ao longo da tarde a base de bonito cocido, bonito asado á grella e empanada. A xornada rematará ás 20:30 horas cos concertos de Walls, maryland, S.S.R Ledicia, A Gramola Gominola e sesión DJ.
O domingo, 4 de agosto, ao longo da mañá haberá actividades infantís e, ás 13:30 horas, abriranse as portas da carpa para a degustación, que neste caso, estará protagonizada por unha tapa de ensalada de fabas de Lourenzá con bonito e ración de marmitako.
Paralelamente á celebración da XXXVIII Feira do Bonito que, como é habitual, se levará a cabo no porto burelés, celebrarase tamén a vixésimo segunda edición da feira Produart, impulsada pola Fundación Expomar. A Deputación terá presenza cun stand na feira onde promocionará os atractivos turísticos da provincia.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 

