Repartiranse 600 euros en premios e as imaxes seleccionadas expoñeranse no consistorio durante o mes de outubro
Ortigueira, 14 de agosto de 2024. O Concello de Ortigueira, a través da Concellería de Turismo e Patrimonio, creou o concurso de fotografía “Ortigueira nunha foto”, que ten como obxectivo fomentar a participación social e promover a fotografía como medio de expresión para reflectir a variedade e riqueza paisaxística, patrimonial e cultural do municipio.
Nesta primeira edición a temática escollida é o patrimonio natural. As imaxes deben mostrar e poñer en valor os recursos do municipio que sexan de acceso libre, identificando o lugar onde foron tomadas.
A participación será libre e gratuíta e as persoas participantes poderán enviar un máximo de tres fotos. Para participar no concurso non poderán ser publicadas con anterioridade en ningún medio de comunicación ou páxina web nin premiada noutros certames.
As fotografías deberán presentarse en papel nun formato entre 30×40 e 40×50, xa sexa en cor ou en branco e negro. Non se aceptarán fotomontaxes, colaxes nin fotografías creadas con IA.
Unha vez cúmpranse todos estes requisitos, poderán entregarse no Concello de Ortigueira ou a través de correo postal. A data límite para presentar os traballos será o 27 de setembro ás 14:30 horas.
As tres mellores fotografías serán galardoadas con 300, 200 e 100 euros respectivamente. O fallo do xurado coñecerase o venres 4 de outubro, sendo o mesmo día da entrega de premios. Ademais, as gañadoras e o resto de preseleccionadas exhibiranse nunha exposición que se situará na Casa do Concello. Esta inaugurarase o día da entrega de premios e poderá visitarse durante todo o mes.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



