Ribadeo, 5 de setembro de 2024. O Concello de Ribadeo ven de emitir un bando no que anuncia que levará a cabo a campaña de recollida porta a porta dos plásticos agrícolas a partir do 23 de setembro.
O servizo, contratado polo Concello de Ribadeo á empresa Ascan Servicios Urbanos S.L., comezará o luns 23 de setembro e prolongarase os días que sexan necesarios para atender todos os avisos de recollida recibidos en tempo e forma.
O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, indica que “todas as explotacións que precisen deste servizo procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida. As solicitudes deberán facerse a través do teléfono de Punto Limpo municipal, 664 00 09 32, dentro do seu horario que é de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 horas, de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 13:00 horas. O prazo de petición de recollida dos plásticos agrícolas remata o 20 de setembro”.
E engadiu: “desde a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradecemos a máxima colaboración posible con este servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida, para asegurar que se preste nas condicións idóneas”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



