Os representantes populares na Cámara Alta por Lugo compareceron en rolda de prensa diante da estación de tren de Sarria xunto a alcaldes e portavoces da comarca e dos municipios polos que pasa o Camiño Francés
Sarria, 6 de setembro de 2024. Os senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- replican ao Ministro Puente tras afirmar que ‘o tren vive en España o mellor momento da súa historia’ asegurando que “na provincia de Lugo non é así. Non mellorou nada, senón que queda sen AVE e perde servizos: agora hai menos frecuencias que había fai 10 anos”.
Os populares reclaman unha oferta de servizos que responda á demanda real dos usuarios e denuncian, unha vez máis, “a perda de servizos ferroviarios na provincia nos últimos anos”. Así o manifestan dende a estación de tren de Sarria xunto a alcaldes e portavoces da comarca e dos municipios polos que pasa o Camiño Francés advertindo do “prexuízo que supón a supresión de servizos e frecuencias, non só para a mobilidade dos lucenses, senón para o impulso desta ruta do Camiño de Santiago”.
Concretamente, subliñan que “a supresión dos trens nocturnos afecta ao número de peregrinos que fan o Camiño Francés porque moitos viaxaban de noite e comezan o camiño de madrugada na localidade de Sarria, pero algúns deixan de facelo polas complicacións para chegar a Sarria por tren – a alternativa actual é viaxar ata Ourense e despois en autobús ata Sarria- e porque supón un custo maior”.
Os senadores do Partido Popular explicaron tamén que agardan explicacións do Goberno de Sánchez por escrito en relación ás preguntas rexistradas na Cámara Alta sobre a reposición dos servizos eliminados durante a pandemia (tren-hotel a Madrid e Barcelona, a unidade con Ponferrada polas mañás a través da liña Vigo-Guixar-Ourense-Monforte-Ponferrada ou o tren Arco directo Lugo-Bilbao), sobre o prazo que contempla o Goberno de Sánchez para a reapertura da liña Ourense-Monforte e se prevé compensacións aos usuarios pola falta de planificación das obras e o atraso na posta en servizo do corredor entre Lugo e Monforte.
DISCRIMINACIÓN Á PROVINCIA
“A perda de servizos ferroviarios non é un feito illado, senón que é un exemplo máis que evidencia a falta de compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con Lugo en materia de infraestruturas” e que supón “unha discriminación para a provincia e os lucenses”, inciden os populares.
De feito, subliñan que “é case imposible comunicarse entre provincias e coa capital de España por autovía e dende fai tempo tamén é imposible conectarse por tren con Barcelona ou Madrid”.
SERVIZOS PERDIDOS
Moitas liñas ofertadas nos últimos anos na provincia pasaron de ser servizos directos a ser transbordos -que acostuman a ser máis caros-, deixou de operar un dos catro trens diarios de Lugo a Madrid, tampouco é posible desprazarse por ferrocarril a destinos que antes si eran posibles -País Vasco ou Cataluña- e, recentemente, Renfe suprimiu a conexión con Lugo do AVE que chega a Ourense ás 23.00 horas.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



