Os populares preguntaranlle ao goberno de Tomé no vindeiro pleno se ten previsto sancionar tamén aos Concellos gobernados por PSOE e BNG que desenvolveran tarefas de limpeza de cunetas e desbroce das marxes das vías provinciais ao paso polo seu termo municipal
Lugo, 18 de setembro de 2024. Antonio Ameijide condena a actitude do presidente da Deputación, José Tomé, cun Concello gobernado polo Partido Popular tras ter coñecemento dunha proposta de sanción de 43.750€ ao Concello de Ribadeo por “facer o traballo que non fai a Deputación de Lugo e que dende o Grupo Provincial Popular levamos denunciando todo o verán: acometer os traballos de desbroce en tempo e forma para evitar situacións de risco para vehículos e peóns nas estradas provinciais”.
“Calquera veciño da provincia puido comprobar casos de cunetas sin limpar ou marxes das estradas provinciais sen desbrozar que acumulan maleza que chega, incluso, a invadir parte da calzada e dificultar a visibilidade. Tal e como levamos advertindo todo o verán, isto pon en risco aos usuarios das estradas provinciais”, explica Ameijide.
Moitas das vías que son competencia da Deputación, constitúen os principais accesos ás praias de Ribadeo. Ante a preocupación manifestada polos veciños pola falta de visibilidade debido á acumulación de maleza e o incremento de intensidade de tráfico no verán, o goberno local requiriulle en varias ocasións ao goberno provincial a necesidade de acometer os traballos de limpeza e roza.
“Á vista de que a Deputación non cumpriu coa súa obriga, e aos informes técnicos municipais, o Concello procedeu a limpar estas vías única e exclusivamente por razóns de seguridade para os usuarios da vía e sen causar prexuízo algún nin alteración da mesma e agora o goberno que preside Tomé pretende multar ao Concello”. É dicir, “pretende sacarlle cartos aos ribadenses por uns traballos que debería ter feito a Deputación para garantir a súa seguridade e que o goberno provincial non fixo. Pretende cobrar por non traballar”.
“É incrible que o goberno provincial pretenda multar ao Concello por querer garantir a seguridade tanto dos veciños e veciñas do municipio coma dos visitantes que empregan as vías provinciais para achegarse ás praias de Ribadeo”. É máis, “estes traballos incluso puideron evitar que a Deputación de Lugo tivese que facer fronte a algún tipo de responsabilidade de producirse algún tipo de incidente, ao incumprir as súas competencias”. Segundo o voceiro popular “aquí o único que debería pagar é a Deputación de Lugo en concepto de execución subsidiaria”. E engade que “non podemos entender ata onde perdeu o norte Tomé” ao sancionar aos veciños de Ribadeo.
Atendendo ao artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, corresponde ao titular da vía a responsabilidade do mantemento nas mellores condicións posibles de seguridade para a circulación, de instalación e conservación dos adecuados sinais e marcas viarias.
TRATO IGUALITARIO AOS CONCELLOS GOBERNADOS POR PSOE E BNG
Ameijide reitera a reivindicación para que “o goberno de PSOE e BNG abandone o sectarismo e desenvolva unha trato igualitario para os Concellos gobernados polas distintas cores políticas”.
Tras ter coñecemento de que outros Concellos coma Antas de Ulla ou Foz, entre outros, tamén desenvolveron labores de roza en estradas provinciais, o portavoz popular pregúntase “se tamén fará a mesma labor de investigación e sanción cos Concellos gobernados polo PSOE e o BNG”.
Nese sentido, os populares preguntaranlle ao goberno de Tomé no vindeiro pleno se ten previsto sancionar tamén aos Concellos gobernados por PSOE e BNG que desenvolveran tarefas de limpeza de cunetas e desbroce das marxes das vías provinciais ao paso polo seu termo municipal constituíndo un risco para a seguridade dos usuarios.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



