Lugo, 19 de outubro. A vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha o programa “A vangarda está na aldea”, dirixido a revalorizar a cultura labrega e propiciar o autodescubrimento de novas vocacións agrarias e de emprendemento entre o alumnado de secundaria.
O proxecto, que se está a difundir entre os centros de ensino da provincia, desenvolverase a través de obradoiros artellados arredor de materiais fotográficos e literarios, como as fotografías de Carlos Valcárcel, Ton van Vliet, Antón Beiras, Ruth Matilda Anderson ou Ian Colquhoum, que retrataron desde distintas perspectivas a Galiza rural do século pasado, e a novela “O pracer da chuvia” do escritor polense Manuel Vázquez, que se encargará de impartilos.
Na presentación, o autor explicou que o obxectivo principal é que “as alumnas e os alumnos de secundaria non descarten o rural como opción profesional de cara a o futuro por causa dos prexuízos”, polo que os obradoiros incidirán en relacionar “vangarda” e “formación” con aldea, a través do exemplo de proxectos gandeiros que responden aos retos do noso tempo, e na revalorización da “cultura labrega” e da “lingua”, como elementos que nos abren á diversidade cultural do mundo.
A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que “o programa aposta por achegarse ás novas xeracións cunha mensaxe en positivo e de futuro sobre a cultura rural e labrega,nun momento, a etapa de secundaria o bacharelato en que poden estar valorando opcións profesionais. Somos conscientes de que o relevo xeracional na agrogandería precisa de moitos outros recursos, pero os prexuízos históricos sobre o rural afectaron negativamente ao desenvolvemento das súas potencialidades”.
A responsábel provincial destacou, neste sentido, que “estas actividades amplian e complementan, con outros recursos, os obxectivos do programa Da Escola á Granxa, que financia visitas de escolares de infantil e primaria a granxas e pequenas producións alimentarias no rural, transmitindo a importancia do sector primario na produción de alimentos e na conservación do medio natural”.
O programa, impulsado desde as áreas de Rural e de Cultura, inclúe vinte obradoiros, que se desenvolverán ata final de ano, dacordo co calendario acordado cos centros de secundaria interesados,












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



