No evento presentáronse experiencias de éxito e referentes a nivel galego: a Ruta dos Naufraxios da Costa da Morte e Eufundevivo e DestinoCedeira
Xove, 19 de outubro de 2024. O Galp A Mariña- Ortegal celebrou o cuarto dos seis parladoiros programados para este ano no marco da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) baixo o título ‘Entremaresdecultura’ co obxectivo de poñer en valor o patrimonio cultural marítimo como elemento de dinamización desta zona costeira de Galicia. Ao evento, que tivo lugar na Casa do Concello de Xove, acudiu o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que destacou o papel que xogan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) na promoción de proxectos a prol da posta en valor do patrimonio cultural marítimo da comunidade.
O responsable autonómico resaltou o vínculo social e económico de Galicia coas as actividades pesqueiras cunha indeleble pegada no territorio deixando unha enorme riqueza patrimonial que abre moitas oportunidades como ferramentas na diversificación das economías dos municipios de costa. Nesta liña, valorou moi positivamente a celebración deste tipo de xornadas que serven de escaparate para coñecer o que se está a facer noutros puntos da xeografía galega e que poden inspirar novas iniciativas noutros concellos.
O conselleiro sinalou que Galicia foi a primeira comunidade en seleccionar os grupos, en ter as estratexias aprobadas e que e que leva xa dous convocatorias, a de 2023 e 2024 para a presentación de proxectos no marco do novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), publicadas o 26 de setembro de 2023 e o 31 de xaneiro de 2024, cun orzamento de 18,7 e de 19,5 millóns de euros respectivamente.
No evento presentáronse experiencias de éxito e referentes a nivel galego que poñen en valor o patrimonio cultura ligado ao mar, a zona costeira e a tradición mariñeira, como unha maneira e fomentar o crecemento económico do territorio a través de iniciativas que potencien a economía azul. Deste xeito, expuxéronse os proxectos Ruta dos Naufraxios da Costa da Morte, Eufunvivo e DestinoCedeira.
O acto tamén contou cun espazo de networking no que compartir experiencias inspiradoras que sirvan de base para favorecer o xurdimento de novos proxectos innovadores ligados ao desenvolvemento sostible e un espazo participativo para fomentar e apoiar propostas empresariais e sociais que podan empregar o Fempa como ferramenta de financiamento para o desenvolvemento local participativo.
Balance Galp
No período 2016-2024 os oito Galp galegos desenvolveron 703 proxectos que catalizaron máis do 53% de investimento privado, achegando un total de 80 millóns de euros dos cales 132 foron no de A Mariña-Ortegal. Así, dos preto de 40 millóns aportados pola Consellería do Mar, máis de 5,5 millóns foron a parar a iniciativas apoiadas por esta entidade permitindo crear 42 novos empregos a tempo completo, o que representa o 10,4 % do total a nivel galego.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



