Adrián Vázquez: “En Europa teñen claro que a obsesión do BNG con Altri non ten nada que ver coa ecoloxía, senón que se trata dunha maneira pouco sofisticada de tentar desgastar a un Goberno que funciona”
Lugo, 24 de novembro de 2024. Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei no que, tras un novo intento por parte do BNG de “obstruír o proxecto”, o órgano comunitario lembra que este “aínda está a ser obxecto dunha avaliación” e reafirma así a súa confianza no traballo realizado pola Xunta.
É a sexta vez que a Comisión Europea se pronuncia sobre o proxecto de Altri. Nesta ocasión, a eurodeputada do BNG preguntaba se se examinaran os documentos presentados polos colectivos afectados en abril deste ano. A Comisión Europea, pola súa banda, confirma que revisou a información dispoñible –tanto os mencionados documentos como os publicados pola Xunta de Galicia– e reitera que non recibiu probas que apunten a un incumprimento da lexislación da UE.
O eurodeputado Francisco Millán Mon subliña que este novo pronunciamento da Comisión pon en evidencia a “insistencia irrazonable” do BNG e da esquerda: “Seis veces preguntaron á Comisión e seis veces respondéronlles que non hai incumprimento. A Comisión non pode ser máis clara”.
“Desde o Partido Popular sempre defendemos que o proxecto de Altri pode ser un bo medio de creación de emprego e innovación industrial, pero é esencial que se cumpran os requisitos legais e ambientais. Por iso, a tramitación do proxecto está a ser absolutamente garantista”, argumenta o eurodeputado popular. “Hai que deixar traballar aos técnicos e aos expertos, que están a levar a cabo a súa tarefa de análise e avaliación do proxecto con todo rigor”, pide Millán Mon.
Pola súa banda, Adrián Vázquez insiste en que “en Europa teñen claro que a obsesión do BNG con Altri non ten nada que ver coa ecoloxía, senón que se trata dunha maneira pouco sofisticada de tentar desgastar a un Goberno que funciona”.
Nesa mesma liña, Vázquez celebra que Europa avale por sexta vez que “as cousas se fan ben e que sexa a Xunta, quen mellor vela polos intereses de Galicia, a que decida sobre un proxecto tan importante como este”.
“A Administración autonómica conta con magníficos profesionais. Deixemos que faga o seu traballo e deixemos de presentar peticións á Comisión que só danan a imaxe de Galicia en Europa”, conclúe.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


