Os populares explican que “outras estradas provinciais ao seu paso polo noso concellos tamén precisan actuacións de mellora como a LU-P-2803 cun firme mellorable e sen medidas de seguridade para os peregrinos que pasan por ela percorrendo o Camiño Norte”
Lourenzá, 11 de decembro de 2024. O PP de Lourenzá afea “a falta de peso político” da alcaldesa socialista tendo en conta que se comprometera a xestionar ante a Deputación de Lugo melloras para garantir a seguridade na estrada da Cazolga, que é de titularidade provincial; pero, cando o presidente da Deputación anunciou fai uns días actuacións en vías de toda a provincia, non nomeou ao noso concello para nada”.
Os populares indican que “para Lourenzá, que está gobernado pola mesma cor política que o presidente da Deputación Provincial, non toca nada” cando “a propia alcaldesa coñece perfectamente as necesidades para a mellora de estradas provinciais no municipio”.
O portavoz, Roberto Díaz, lembra nese sentido que “hai un acordo do Pleno para pedir a mellora da estrada da Cazolga, a LU-P-2804, porque é moi estreita e ten moito tráfico”. Os propios veciños e veciñas teñen trasladado as súas queixas tras vivir situacións de perigosidade en distintos puntos por dous motivos, fundamentalmente: a insuficiente anchura da plataforma que non permite que se crucen dous vehículos e a falta de elementos de protección laterais.
O PP levou tamén este asunto ao Pleno da Deputación de Lugo a través dos deputados provinciais do Partido Popular ante o que o presidente asegurou en setembro do pasado ano 2023 que xa falara do tema coa alcaldesa “sen que vexamos ningún avance”. Polo tanto, “a alcaldesa incumpre o acordo plenario e a Deputación de Lugo desoe as demandas dos nosos veciños e as necesidades do noso municipio”.
Os populares engaden que “outras estradas provinciais ao seu paso polo noso concellos precisan tamén actuacións de mellora como, por exemplo, a LU-P-2803 cun firme mellorable e sen medidas de seguridade para os peregrinos que pasan por ela percorrendo o Camiño Norte”.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



