Ribadeo, 16 de decembro de 2024. Ribadeo conta con aparcadoiros exprés a carón das farmacias. Este é un dos primeiros Concellos da provincia que os pon en marcha.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “é unha proposta conxunta. Escoitamos ás farmacias da vila, tamén o Colexio Oficial de Farmacéuticos, polo tanto é responder a unha proposta que nos fixeron e así entre todos buscar unha solución”.
O rexedor explicou que “os aparcadoiros exprés, que teñen un tempo de 15 minutos como máximo, queren dar unha resposta a unha problemática que estabamos observando que moitas persoas aparcaban o carón das farmacias e non se garantía a seguridade. Entón para que non haxa ningún tipo de atropelo, para que non se obstaculice o tráfico, cremos que estas paradas por un tempo máximo de 15 minutos podes baixarte, recoller o que teñas que recoller na farmacia ou tamén ir as clínicas veterinarias ou ás podolóxicas, que o teñen que solicitar aquí no Concello, pois tamén garantimos esa tranquilidade, esa seguridade á hora de aparcar ao carón tamén dunha clínica veterinaria ou podolóxica ou nas farmacias”.
Vega dixo que “a seguridade, que é moi importante, non obstaculizar o tráfico, é dicir aparcar mal, e iso ocasiona distintas problemáticas, e polo tanto buscamos unha solución. Con estes aparcadoiros exprés creo que estamos dando unha resposta a unha petición, a unha reclamación, que entre todos a estamos poñendo. Agradecer ao Colexio Oficial de Farmacéuticos a súa colaboración, as clínicas tamén de Ribadeo e as farmacias por sempre colaborar e entender que para buscar unha solución é mellor que parta do propio sector co Concello e así conxuntamente dar solucións a distintos problemas que se nos poñen todos os días por diante”.
Para o alcalde trátase “dunha boa noticia. O Concello é o primeiro de toda a provincia en dar unha resposta. Por lo tanto, hai que sentirse orgullosos de que traballemos así conxuntamente para que Ribadeo avance”.
En total son 7 os aparcadoiros exprés habilitados ata o momento.
Ata Ribadeo se achegou o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Alejandro Sánchez, que mantivo un encontro co rexedor e visitou algúns destes aparcadoiros exprés.
O presidente do Colexio de Farmacéuticos de Lugo sinalou que “el Colegio Oficial de Farmacéuticos de la provincia de Lugo ha recibido con satisfacción la noticia de la puesta en marcha de plazas de estacionamiento rápido en las inmediaciones de las oficinas de farmacia de Ribadeo, destinadas a garantizar el acceso a los establecimientos sanitarios para la atención a las personas usuarias. Este tipo de iniciativas ha ido cobrando fuerza en otras ciudades/zonas donde el tráfico y la falta de aparcamiento adecuado son problemas comunes, por ello desde el Colegio valoramos como beneficios principales de los aparcamientos exprés, los siguientes: la accesibilidad, la agilidad y la descongestión de las áreas circundantes”.
E explicou: “accesibilidad: facilitar el acceso rápido y directo a un centro sanitario privado de interés público, especialmente en las zonas más congestionadas; agilidad: permitir a los usuarios poder retirar su medicación o hacer uso de cualquier otro servicio de atención farmacéutica, de manera rápida, sin la necesidad de buscar aparcamiento durante largos periodos, lo que supone una mejora en la calidad de vida de la población, especialmente para aquellos pacientes con problemas de movilidad o que necesiten un servicio urgente, y descongestión de áreas circundantes: evitar que los vehículos se estacionen en lugares no autorizados, bloqueando el paso o creando congestión, estas plazas supondrán una alta rotación y que se pueda utilizar de manera continua por distintos usuarios”.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



