Ribadeo, 19 de decembro de 2024. Ribadeo contará no 2025 cun orzamento de máis de 13 millóns de euros. Nas contas destaca a partida destinada a gasto social, segundo deu a coñecer nesta xornada a concelleira de Facenda, Begoña Sanjurjo.
A edil de Facenda contou que “o Concello de Ribadeo está a punto de aprobar os orzamentos, e o noso Concello será, un ano máis, un dos primeiros da Mariña en facelo. O orzamento ascende no 2025 a máis de 13 millóns de euros, 700.000 máis que o do ano pasado”.
Sanjurjo explicou que “igual que no do ano anterior destaca o gasto social, con 1.200.000€ invertidos no SAF (Servizo de Axuda no Fogar). Tamén se ampliaron as subvencións nominativas neste eido incluíndo unha achega ó Proxecto Home. No apartado de cultura aumentouse a colaboración coas distintas asociacións de veciños, organizadoras das actividades culturais e os festexos das parroquias e barrios”.
A concelleira ribadense subliñou que “é un orzamento continuísta no que atoparemos a estabilización de servizos a través de contratos, como se debería facer sempre. Neste ano, grazas á xestión coa Consellería de Benestar conseguimos a achega de 700.000€ para a reforma do Hospital asilo e así púidose finiquitar o préstamo que se pedira. En moitos casos, cando se pide unha subvención para unha obra a unha administración, o Concello ten que ter a capacidade de poñer a porcentaxe que lle corresponde senón perde a subvención, e por tanto a obra. Para dispoñer deses cartos pediuse un préstamo que asegurará moitas obras que están proxectadas”.
Begoña Sanjurjo engadiu: “agradecemos a colaboración da Xunta que no anexo de inversións aporta máis de 1 millón de euros. Gustaríanos que a Deputación aportara tamén para poder facer proxectos entre as tres administracións como por exemplo o Plan de Deporte”.
O pleno extraordinario no que se aprobará o orzamento de 2025 está convocado para mañá, 20 de decembro, ás 19:30 horas no Concello de Ribadeo.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



