As celebracións terán lugar entre o 28 de febreiro e o 5 de marzo
Burela, 13 de febreiro de 2025. O Concello de Burela xa ten listo o programa do Entroido 2025, unha cita que cada ano reúne a centos de veciños e veciñas, así como visitantes que se achegan á vila para gozar das celebracións.
O festexo arrancará o venres 28 de febreiro e prolongarase ata o mércores 5 de marzo, cunha programación pensada para todas as idades na que non faltarán obradoiros, desfiles, música e o tradicional Enterro da Sardiña.
Desde o Concello de Burela animan a toda a veciñanza a participar nestas festas e a saír á rúa para “encher o pobo de cor, divrsión e tradición”. A concelleira de Festexos, Patricia Eijo, destaca que teñen preparada !unha programación variada para que todas as persoas, desde os máis pequenos ata os maiores, poidan desfrutar do Entroido en Burela”.
Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, subliña “a importancia de manter e potenciar estas celebracións, que forman parte da nosa identidade e contribúen a dinamizar a vida social e cultural da vila”.
A alcaldesa Carmela López quixo salientar “o traballo de todas as persoas e entidades implicadas na organización para seguir mellorando e facendo que o Entroido de Burela sexa unha cita especial para a nosa xente”.
“O esforzo de traballadores municipais, asociacións, colectivos locais e a veciñanza fai posible que esta festa saia adiante ano tras ano, e desde o Concello queremos agradecerllo”, engadiu.
A programación inclúe actividades como un obradoiro de manualidades, pintacaras infantil, unha gran festa de disfraces con baile, o esperado desfile do domingo, no que este ano repartiranse 4.000 euros en premios: 3.500 € en metálico achegados polo Concello de Burela e 500 € en vales de compra da ACIA.
Ademais, haberá propostas específicas para a rapazada, como un taller de cociña infantil e unha xornada especial con inchables, música e desfiles pensados para os máis pequenos.
A encargada da organización, Begoña Romo, técnica da Aula Gaia, anima a toda a veciñanza a involucrarse na festa: “O Entroido é unha celebración colectiva e canto máis participemos, máis especial será para todos e todas”.
Burela xa está lista para vivir un Entroido inesquecible. Desde o Concello convidan a toda a cidadanía a sumarse e gozar dunha das festas máis animadas do ano.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



